El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
CxG

Cando se puido cambiar a política

21-12-2018

Os feitos traumáticos son unha parte importante na formación do carácter das persoas e tamén da sociedade. “Aquelo que non nos mata fainos máis fortes” dixo Nietzsche.
         
243 metros de mono casco achegáronse á nosa fermosa costa en novembro de 2002, traía 77.000 toneladas de cambio na percepción social da política. Unha, para min nefasta, decisión de distanciar o problema desencadeou unha marea negra que asolaría de pena e de tristura un dos valores con máis identidade de Galicia, as nosas ribeiras e a nosa industria pesqueira. A mentira sistemática do PP e do seu goberno supuxo unha enorme resposta social, primeiro en forma de voluntarios que limparon pedra a pedra, e despois en contestación social con NUNCA MÁIS. A práctica política habitual de control da opinión pública, escachou polos aires, Galicia era a resposta a un posible cambio, o de facer política por e para a xente e non para os partidos, mais solo era un espellismo.
         
Cambiou o goberno do Estado, e o PSOE nun principio moi social e asentado: retirando as tropas de Iraq e lexislando socialmente, parecía ter recollido o mensaxe das fotos da xente voluntaria traballando pola sociedade no sentido final e amplo. Pero nun pinchacarneiros do destino a estrutura bancaria mundial escachou e o PSOE entrou na fase de mentira propia dos lobbies partidistas: brotes verdes, banca saneada, non existe crisis, reforma da constitución, reforma laboral...
         
Prendeu entón aquel xerme de nunca máis e apareceu o fenómeno da acampada de Sol, unha nova oportunidade de poñer á xente no centro da acción política. Esta vez nin PP, nin PSOE nin sequera os sindicatos foron quen de levar a sardiña e perderon a rúa. Pero si catro listos da Complutense viron unha ampla oportunidade e aproveitaron a situación para vender ilusión e prometer traballar para a xente. Era outra oportunidade de  cambiar a política pero logo veu: bloqueo dun goberno de cambio, posibles negocios turbios de partido en Iraq ou Venezuela, non pagar ós empregados, comprarse un chálete de Comunista...outro espellismo. Este si cabe máis duro, os anteriores xa eran coñecidos.
         
Galicia non foi allea, En Marea, creación de laboratorio dun negociado entre os da Complutense e unhas carrachas do nacionalismo e galeguismo, refírome a carracha no senso de parasitos. Quixo mudalo todo, poren levan catro anos rifando por quen ten o control dese “Partido” que chamas espazo, se cadra están a lúa,  e paralizando cidades e vilas, ocupando portadas nas que nunca e digo nunca, falan de Galicia e dos noso problemas.
 
         
Púidose cambiar a política, non a política senón a forma de facela, e todas as veces  fracasouse. Poren este non pretende ser un  mensaxe que desacredite a acción política e que quite as gañas de participar, ó contrario cómpre un exercicio de democracia e de non desentenderse, porque o que pode vir non é bo, o retroceso de Vox que empuxa a PP e a C´s non é bo para Galicia, nada bo.
 
A cuestión radica en que non é preciso cambiar a política, é preciso facer política esa é a chave. E o 26 de maio toca ser responsables.      
 

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • El Congreso vuelve a rechazar la investidura de Pedro Sánchez. ¿Crees que habrá nuevas elecciones?
  • NO
  • NS | NC
Videoteca