El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
CxG

Espellismo

09-06-2019

Non se pode negar que o 26M foi unha sorpresa para moitos, empezando polo PPdG que non contaba o enorme golpe á súas aspiracións metropolitanas, fixo unha aposta de nomes para as cidades e saíulle mal, e por riba pode ser a primeira vez que non goberne ningunha das deputacións, moi significativo. Aínda que penso que Ourense está salvada. 

Precisamente foi tamén unha sorpresa para o propio PSOE, que se fai con un poder municipal nunca antes soñado, Vilalba é a mostra máis clara. Pero neste sentido considero que os aires triunfantes do PSdG non van ser efectivos nunhas eleccións galegas, que caprichosos somos os votantes. Basta con mirar uns meses atrás, os candidatos do PSOE eran os peor valorados e tiñan moitas dubidas en cidades como Coruña ou Ferrol, con varias familias optando ás primarias. Parece pois que o señor Tezanos non errou cando dixo que o efectos do voto das xerais marcaría unha inercia, da cal Galicia non foi allea.

Froito de esta nova configuración están xa agromando as miserias internas dun PSOE galego que non está para nada cohesionado, o paradigma vai ser a guerra sucia na deputación de Lugo entre: Campos e o Tomé, que no fondo sinala a guerra entre as estructuras das provincias e o Señor Gonzalo Caballero, quen por certo gañou o pulso de Ourense. O PSOE galego segue nas súas teimas de usar as administracións de todos e todas como o seu campo de xogo, acaso temos que en Lugo seguir aguantando o circo da deputación? Peor que Cacharro. 

Foron estas eleccións un premio excesivo para o PSOE, o partido do 135 e do 155. Hoxe por hoxe é moito máis centralista a política dos socialistas galegos que a do PP de Feijoo, e non se escandalicen isto é así.

Galicia nas xerais e agora tamén nas municipais segue renunciando a ser una nación, pagará esta decisión na seguinte configuración europea e como xa vimos nos orzamentos socialistas do estado, máxime se dependemos da rapaza do Ferrol.

Ollo, o efecto Sánchez vai empezar a diluírse cando Nadia Calviño meta a toxeira, e faga as reformas previstas, outra vez a ilusión...

Falando de artigos da Constitución, a miña humilde opinión é que o BNG equivocase entrando nos gobernos de aqueles propiciaron o 135 e que apoiaron o 155 e non fan un so movemento para solucionar o tema territorial, pero neste caso son presos do seu mantra o “efecto Pontón” que mirando datos tampouco é tanto.

Galicia non pode ser menos que Cantabria, temos que ter unha expresión política demócrata e coherente que defenda Galicia en España e en Europa, pero sen teimas e pesadas mochilas dogmáticas. Debemos construír ese espazo social e de progreso e con forza no económico, que existe e non é o PSdG. Veremos a defensa de Galicia dos socialistas en temas como a pesca e a PAC, imos vendo

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • ¿Crees que el Deportivo conseguirá el ascenso a Primera División?
  • NO
  • NS | NC
Videoteca