El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
CxG

Green New Deal Galego

19-07-2019

Son xa demasiados os síntomas e as realidades que fan ver que a política industrial e de grandes empresas de produción está esgotada en Galicia. Os casos de Alcoa, Ferroatlántica, Navantia, Vulcano, os problemas de ENCE... son a mostra evidente da falta de planificación e da falta de estratexia do goberno galego. Tampouco o canto de serea da aeronáutica e da novas tecnoloxías é quen de despegar no noso País, cando menos non son hoxe un nicho de emprego nin de proxección internacional. Un factor importante é que no goberno da Xunta non temos xestores, temos administradores, tema que é ben distinto. O Presidente Feijoo, non foi quen de atraer inversión máis aló do hoxe xa coñecido “timo” de PEMEX. 

O mapa industrial de Galicia está esgotado e tamén e antigo, e polo visto no exposto por Feijoo, no seu programa de auto bombo “Galicia 2030” dende o aparato da Xunta, so podemos aspirar a ser referentes no 4º sector, pero non por estratexia senón por imperativo vital, xa que imos a unha poboación avellentada e baixa natalidade. Non entende o PP de Galicia que un bo tecido industrial é tamén unha garantía contra a despoboación? 

Pero ese novo plan non pode ser a calquera prezo, ten que ser un Green New Deal, que teña en conta a capacidade ecolóxica de Galicia e a protección do noso medio natural, como valor mesmo. Galicia pode e debe no prazo de 10 anos ser un referente na descarbonización e na aplicación de políticas industriais en ese senso. A recuperación da mina das Pontes é un exemplo, pero cómpre seguir. É precisa porén unha política propia moi diferente a do Estado, xa que a nosa singularidade é moita, e os problemas tamén son propios, a nosa economía industrial non pode estar en Madrid.

Construíndo unha Galicia referente en: empresa verde, potenciando os sectores ecolóxicos en gandeira e agricultura, sustentable, unha pesca eficiente e con sistemas respectuosos, aumentar no nicho de traballo en accións de nova economía verde e sustentábel que absorba o traballo das vellas factorías en producións lóxicas co entorno. Potenciar o traballo das universidades en investigación en ese senso, é unha sinatura pendente, podemos coller o tren da loita contra o CO2 ou mirar como o colle Portugal. 

No próximo 2020 temos eleccións en Galicia, observade quen aposta por futuro ou quen defende máis do mesmo. En 2020 comeza este partido, Galicia ten que xogalo, os galeguista temos que estar.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • El Congreso vuelve a rechazar la investidura de Pedro Sánchez. ¿Crees que habrá nuevas elecciones?
  • NO
  • NS | NC

+ Comentadas

Videoteca