El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
CxG

Naquela tenda

18-10-2019

Inseguridade e tristura, esas son hoxe as sensacións máis claras da clase traballadora galega: estaleiros, As Pontes, Meirama, alcoa, isowat... os traballadores e traballadoras viven sistematicamente coa sensación de non poder facer plans de futuro diante do triste panorama industrial. Galicia está hoxe en risco en emerxencia social e laboral, pero os noso dirixentes seguen como se nada falando de Cataluña, sen artellar medidas que transformen Galicia nun marco estable de emprego e inversión.

Outra cara de esa inseguridade, menos visible pero moi dura, é o continuo peche de pequenos comercios nas vilas e pobos de Galicia. Pouco a pouco as luces de escaparates e de carteis van deixando paso ao papel de estraza e os carteis laranxas de: alúgase, traspaso, véndese ...por certo de facturación chinesa. 4.000 empregos autónomos en risco de desaparecer, e as conseguintes 4.000 familias en risco de perda da súa forma de vida. Pero a morte de este sector é tamén un dardo no centro da identidade galega. O comercio era o imán de atracción e de vida nos pobos, un acto de intercambio de cultura de partillar novas...esa identidade tan galega de ir a vila a ver aos coñecidos, tomar unha cunca e mercar algo estase a perder, perdendo tamén parte do noso ser como pobo.

Imos vendo como as vilas se baleiran e todo o movemento que xeraban, a riqueza vai esmorecendo. Dende as diferentes administracións non se buscan saídas, nin tan sequera conversas co sector. Todo son macro anuncios de cidades TIC de compromisos co naval e un logo etc. 

A noutrora puxanza comercial de Vilas como: Viveiro, As Pontes, Vilalba, Monforte, Ribeira, Burela, Ortigueira, Ribadavia, A Estrada ... deixa ver un paisaxe de marrón estraza nas ventás e de rúas sen xente. Cómpre unha acción política que volva á vida estes centros de cultura galega que eran as nosas vilas.

Aínda algún comerciante, vaia cada día facer caixa, pensando en como pagar a luz, os impostos, o material, os salarios... aferrándose a o que un dia foi un sono dunha vida mellor e lembrando aqueles veciños tamén comerciantes que xa baixaron a persiana de forma definitiva. De súpeto mira pasar unha furgoneta de reparto cargada de produtos de plataformas de internet e pensa que xa non val a pena estar naquela tenda.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca