El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Susana Evangelista
Xosé M. Piñeiro
Disparando aos reloxos

New Look

06-05-2009

Cando Eisenhower acadou a presidencia estadounidense en 1952, o país padecía un acusado desgaste orzamentario e tiña, na cerna da Guerra Fría, que encarar unha gravosa carreira armamentística. A estratexia do novo presidente bautizouse como New Look e pivotaba nun principio reitor: conseguir a máxima protección a un custe razoábel. Belicismos á marxe, o New Look de Feijóo estéase nos principios de austeridade e eficacia e a súa administración, no arro da Gran Recesión, enfróntase a un dilema semellante: lograr mellores resultados que os gobernos precedentes pero con menos recursos.

A Nova Aparencia, que comezou sendo unha pose mediática e electoral, tornouse, coa vitoria popular do 1 de marzo, nun dos indicadores de calidade do novo goberno. Nos primeiros lances, o New Look de Nuñez Feijóo responde a un mesmo principio reactivo: non facer o mesmo que os presidentes que o precederon. Menos gaiteiros, menos cargos, menos grandes ágapes, menos ostentación e fachenda pública... Decisións e comportamentos en consonancia co slogan da nova marca «Feijóo, presidente de Galiza e un galego máis», humildade e vocación de servizo.

Esta Nova Aparencia esgotarase rapidamente se só sigue dialogando co pasado, non lle basta con marcar as diferenzas co imaxinario do Goberno anterior, ten que deixar de ser reactivo para enfrontar a axenda presente de Galiza. A solidez e atractivo do New Look de Feijóo mídese na resposta á crise e nas súas relacións coa oposición parlamentaria e co goberno de Madrid.

Coa agudización da crise económica e o retraemento da iniciativa empresarial multiplícanse as esixencias das políticas gobernamentais, os investimentos e gasto público tórnase no principal catalizador do relanzamento económico e das garantías de protección social. O prometido Plan de Choque está obrigado a superar as vaguedades do discurso de investidura de Feijóo. Ningunha proposta do seu goberno será máis decisiva que esa. Sempre se xulga aos gobernos polo que lle poñen no prato aos cidadáns, pero o xuízo é moito máis rudo en tempos de crise. O uso da crise para erosionar ao goberno valeulle ao PPdeG e valeralle ao PSdeG e ao BNG.

O seu goberno lidiará cunha oposición parlamentaria experimentada en asuntos de goberno. A diferenza dos tempos de Fraga, o presidente Feijóo non debatera os seus proxectos con dous partidos de oposición senón con dúas alternativas de goberno que están na oposición. Sabedor diso, o PPdeG activou xa unha estratexia de contención e achique das capacidades parlamentarias da oposición que irá a maiores cunha aplicación restritiva do Regulamento da Cámara. Todo indica que Manuel Ruíz Rivas non é o mellor heraldo do New Look, agárdaselle unha maior finezza, maior respecto ao pluralismo, unha aposta polo diálogo e a proscrición da mordaza e o rodillo.

Consonte ao New Look, o novo presidente gasta un xesto firme e severo pero aforra en agresividade. Adiantou na investidura que el era non partidario de activar unha permanente espiral reivindicativa fronte ao goberno central. O cuartel na rúa Xénova, pola contra, demandaralle unha maior agresividade reivindicativa. Tocado Camps e amolada Aguirre, Feijóo representa o exemplo de gobernanza que Mariano quere trasladar á Moncloa e, por iso, imponse visualizar rotundamente as diferenzas.

Na Era Fraga, a Xunta foi un ariete fronte ás pretensións soberanistas do Goberno Vasco e a Generalitat, nunca contra o Goberno de Madrid. Se Feijóo se deixa levar pola estratexia marianista converténdose na súa forza de asalto fronte ao executivo central, os beneficios han ser para Rajoy pero os custes por liderar un goberno hostil descontaranse do seu crédito político.

Eisenhower gabábase de ter unha pregunta á que sometía toda decisión política: É bo para Estados Unidos? Para non afear o seu New Look nin desbaldar o seu prestixio, cando teña que atender as esixencias marianistas, Feijóo debería deixarse guiar por Eisenhower e preguntarse: É bo para Galiza?

Manuel M. Barreiro


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




LO QUE HAY QUE VER

Apuesta por la galleguidad de Reganosa


OTROS VÍDEOS
ENCUESTA
  • ¿Cree que España está mostrando debilidad ante Marruecos?
  • No
Videoteca