El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Disparando aos reloxos

Intermitente á dereita

08-06-2009

Europa na cerna dunha negra crise económica desatende as ofertas da esquerda. Tamén os votantes do Reino de España puxeron o intermitente á dereita nunhas eleccións que o imaxinario mediático converteu na primeira volta das nosas eleccións xerais. Máis que un triunfo maior de Rajoy certíficase unha medida derrota (a primeira) de Zapatero e unha preocupante caída electoral do PSOE de case case cinco puntos. O Partido Popular avanzou un punto mínimo e sumou 200.000 votos máis, aínda moi lonxe do Gran Salto Adiante que ansiaba Rajoy.

Fóra de PP e PSOE, mantéñense as representacións de 2005 coa única novidade de UPyD que estrea escano no Parlamento de Europa. Coalición por Europa (Galeusca sen o BNG e con Coalición Canaria) iguala os resultados dos anteriores comicios e a Europa dos Pobos (agora co apoio do BNG) fai outro tanto. Izquierda Unida conserva os seus dous escanos aínda cunha cativa perda de papeletas. Votos de resistencia para evitar a despluralización política do Estado e as súas nacións.  

Euforia e satisfacción son estados de ánimo para os que non hai lugar, respectivamente, en Génova 13 e Ferraz 68; cun temperado «menos mal» habíalles de bastar para cualificar as súas contas electorais. Alivio para Mariano Rajoy que ratifica o seu liderato e presión en quente para Rodríguez Zapatero que desde as pasadas xerais xoga á defensiva.   

O Partido Popular quitoulle poucos réditos a unha situación económica e social que abonaba un contundente voto de castigo ao PSOE. O paseo triunfal cara á Moncloa quédase nun reconfortante avance de posicións que ten o seu dato máis doce nas maiorías absolutas acadadas en 7 Comunidades Autónomas (e Ceuta e Melilla) e a vitoria noutras catro. O PSOE venceu en cinco sen atinxir en ningures maiorías esmagadoras.  

Ao PSOE abandonárono 700.000 electores que absténdose decidiron, maioritariamente, non recuncar nas sacas electorais do PP nin tampouco nas das coalicións situadas á súa esquerda. A transferencia de lealdades a outras opcións é cativa mais o desencanto e perda de credibilidade é de gran calado. A primeira industria que desmantela a crise é a da especulación, mesmo a da especulación ideolóxico-política. Erra Zapatero se cre que con xestionar mellor as condicións subxectivas dos votantes de esquerda vai remontar electoralmente; coa política de valores non basta, mandan os resultados materiais das políticas e aí o seu balance é paupérrimo.   

Se hai algunha satisfacción (moderada) é o das outras formacións que preservaron os seus caladoiros electorais do voto útil que engorda o xogo bipartidista. E hai que tomar nota da lareta triunfalista de Rosa Díaz e o seu «partido DNI» que, grazas ao descrédito dos «dous grandes», poderá seguir facendo currículo institucional agora en Estrasburgo e Bruxelas.

En Galiza, o Partido Popular volve gañar as eleccións europeas, fíxoo en 2004 con Manuel Fraga na presidencia da Xunta e agora mellora os seus resultados con Alberto Núñez Feijóo quen, a pesar de ter gañado tan só 2.700 votos, sobarda o 50% dos sufraxios, case tres puntos máis que hai un lustro.   

O PSdeG descende dous puntos e o BNG tres. Feijóo seguirá sendo presentado como «un home do PP que gaña eleccións» e os dous Vázquez (Manuel e Guillerme) asinan os seus primeiros partes de derrota, nada que axude aos seus liderados nin ao posicionamento de socialistas e nacionalistas de cara a unhas complicadísimas municipais nas que tal e como pintan as cousas poden verse desprazados dos seus principais centros de poder municipal.  

Feijóo, aínda sen aval gobernamental do que fachendear, pediu o apoio dos galegos para o «Movemento do 1-M»; a saber para garantir o retorno do Partido Popular aos asuntos de goberno no Estado e para validar o cambio de rumbo conservador do noso autogoberno. Cunha participación electoral desganada, Feijóo gañou a súa primeira maioría absoluta coa que evidencia que en Galiza máis que unha internitencia á dereita o que ordena o tráfico electoral é, aparentemente, unha dirección única á dereita.  

Manuel M. Barreiro


Ver otros artículos de este colaborador




www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • ¿Quién crees que será el mejor candidato para liderar el PSdeG?
  • Gonzalo Caballero
  • Xoaquín Fernández Leiceaga
  • Juan Díaz Villoslada
Videoteca