El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Antonio Llamas
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación presenta a proposta de oferta de emprego 2017

30-11-2017 13:39:18
Oferta de Emprego Público 2017.

Ourense.- A Deputación de Ourense presentou hoxe a súa proposta de Oferta de Emprego Público 2017 á Mesa Xeral de Negociación, nunha reunión celebrada no Pazo Provincial coa participación do vicepresidente segundo e deputado de Administración Provincial, Jorge Pumar. Desta maneira, desde hoxe ábrese o prazo de negociación colectiva dunha oferta de emprego que contempla un total de 48 prazas, das cales 39 son de acceso público e 9 de promoción interna. 

A Oferta de Emprego Público segue os criterios establecidos na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 e da Lei la de Emprego Público de Galicia. Está tamén condicionada pola normativa establecida no Estatuto Básico do Empregado Público e as determinacións normativas do Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Deputación de Ourense para 2017.

Jorge Pumar afirma que se trata “dun compromiso de goberno, anunciado polo presidente Manuel Baltar no pasado debate sobre o estado da provincia, en aras a mellorar e conseguir a estabilidade do emprego público a través dos correspondentes procesos selectivos”. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias