El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

A nova rebaixa fiscal permitirá dinamizar 60 centros históricos de Galicia

06-12-2017 16:15:47

A nova rebaixa fiscal da Xunta de Galicia para dinamizar os centros históricos das vilas galegas beneficiará a un total de 60 enclaves das catro provincias, segundo recolle a orde elaborada pola Consellería de Facenda que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Nesta orde recolleranse todos os centros históricos nos que a Axencia Tributaria de Galicia aplicará este novo beneficio fiscal, incluído nos Orzamentos da Xunta para 2018 –a través da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, en tramitación parlamentaria– e que entrará en vigor o 1 de xaneiro. O obxectivo desta medida é potenciar a rehabilitación de inmobles e a posta en marcha de actividades económicas en zonas históricas.

A rebaixa fiscal inclúe tres bonificacións fiscais: unha dedución no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para as persoas que rehabiliten un ben inmoble situado nun centro histórico; e dúas deducións no Imposto sobre Patrimonio, pola afectación a actividades económicas de inmobles nos devanditos centros históricos, e pola participación en entidades que exploten bens inmobles situados nestes centros.

Para establecer este beneficio fiscal é preciso delimitar dunha forma clara o ámbito territorial ao que afecta, é dicir, definir aquelas zonas consideradas centros históricos. Esta delimitación inclúe por unha parte os centros que teñen a categoría de conxuntos históricos declarados ben de interese cultural, pero tamén outros ámbitos que teñen as características de centro histórico segundo unha evolución urbana ao longo do tempo con características tipolóxicas e estruturais recoñecibles da súa época e un conxunto de valores culturais.

Os monumentos ou xacementos arqueolóxicos sen sentido de agrupación urbana non están incluídos nesta orde, xa que o obxectivo desta rebaixa fiscal é precisamente dinamizar os centros urbanos das cidades e vilas galegas. Na delimitación xeográfica de cada centro histórico utilizaranse delimitacións xa existentes, fundamentalmente plans especiais de protección, plan xerais municipais e áreas de rehabilitación integral.


Centros históricos beneficiados

Segundo establece esta orde, o novo beneficio fiscal impulsado pola Xunta beneficiará a 60 centros históricos do territorio galego. Destes centros, 16 están situados en concellos da provincia de A Coruña, 14 na de Lugo, 16 na de Ourense e 14 na provincia de Pontevedra.

Ademais, na elaboración desta orde participaron tamén o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Ver gráfico





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias