O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, apelou hoxe a abrir un
“novo tempo político” en Galicia que permita superar as políticas lesivas da
dereita e o sinaladamente o abandono de Feijóo ao rural. Así o dixo logo dun
encontro de traballo en Sarria co portavoz do PSOE e alcalde de Valladolid,
Óscar Puente, para coordinar a actuación entre as executivas federal e
autonómica.
O líder dos socialistas galegos urxiu hoxe a abrir unha etapa liderada
polos socialistas galegos para “conseguir un goberno que atenda tamén ao medio
rural fronte ao abandono do goberno de Feijóo”. Na súa visita a Sarria,
explicou que o presidente galego demostrou, en contra das súas promesas, que
“estamos na Lexislatura da falta de atención, do abandono e do fracaso das
políticas da Xunta” no medio rural.
Sinalou que “tristemente vemos como día a día perde peso a política forestal,
gandeira e a atención aos concellos da Galicia do interior”. Así o constataron
durante o encontro de hoxe, no que tamén participaron a alcaldesa da
localidade, Pilar Yáñez, o secretario de Organización, José Antonio Quiroga, o
secretario provincial electo, Álvaro Santos, e representantes institucionais e
políticos dos socialistas galegos.
Caballero continuou hoxe con Óscar Puente a rolda de contactos ao máximo
nivel iniciada nas pasadas semanas coa presenza en Galicia de Pedro Sánchez,
Luis Ábalos ou Andrés Perelló, para coordinar as actuacións galega e estatal.
Sinalou a necesidade dunha acción conxunta “fronte ás políticas da dereita de
Feijóo e Rajoy que non solucionan os problemas reais da sociedade e do país,
ancorados no discurso conservador e sen folla de ruta”.
Apelou ao proxecto iniciado dende o PSOE no último Congreso Federal, cun
partido “máis fortalecido e ben situado na esquerda para ofrecer unha
alternativa viable aos gobernos da dereita” e que dende Galicia impulsa tamén
“un novo tempo político”.
Óscar Puente
O portavoz da Executiva e alcalde de Valladolid, Óscar Puente, animou aos
socialistas galegos a aproveitar a oportunidade que ofrece esta nova etapa na
que “tódolos datos indican un avance moi semellante en tódolos territorios”.
Apelou a “asumir o liderado claro na sociedade española -nas próximas eleccións
municipais, autonómicas e xerais- e tomar a responsabilidade de facer os
cambios que o PP non soubo e non quixo”.
Criticou que os conservadores leven “seis anos realizando reformas
meramente conxunturais, polo que terá que ser de novo un goberno de esquerda,
do PSOE, o que acometa as reformas estruturais” que o país precisa. Sinalou a
súa presenza hoxe en Sarria e o contacto coa dirección galega para “coñecer de
primeira man os problemas do territorio, para trasladárllelos á dirección
federal e responder aos problemas de Galicia”.
e
hoxe o 39,6 por cento das mulleres maiores de 85 anos viven soas, fronte ao
25,9 por cento dos homes, derivado da maior lonxevidade delas, pero que
reflicte o aumento de situacións de soidade non desexada que pode paliarse a
través destas fórmulas. Departamento de comunicación