El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

NA PROVINCIA DA CORUÑA

Os 14 programas integrados de emprego beneficiarán a 1.190 desempregados

07-12-2017 19:50:38

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, activa na provincia da Coruña 14 programas integrados de emprego, que se porán en marcha nas próximas semanas, e que buscan incrementar as oportunidades laborais de 1.190 persoas sen emprego.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, explicou que a iniciativa suporá un investimento de preto de dous millóns de euros que se distribúen entre 25 concellos, a Mancomunidade de Ferrol e dúas entidades sen ánimo de lucro.

En concreto, os programas foron promovidos polos concellos de Ames con Brión; Ferrol; Arteixo; A Coruña; Cerceda con Tordoira e Carral; Cabanas con Fene, Mugardos, Neda, Pontedeume e Ares; Dodro con Rois e Padrón; Cedeira con Cariño e Cerdido; As Pontes; Santiago; e Vimianzo con Muxía e Camariñas. Así mesmo, a Mancomunidade de Concellos de Ferrol acóllese a un programa. No que respecta ás entidades sen ánimo de lucro, os beneficiarios e promotores dos programas integrais de emprego foron a Asociación de Empresarios do Tambre e a asociación Compostela Monumental.

Os programas integrados de emprego, que teñen uno ano de duración, están enfocados á mellora da ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus participantes. Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.

A actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos empregos.

O Goberno galego, a través desta folla de ruta, vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas como son os cursos de formación, os obradoiros, as lanzadeiras de emprego ou a iniciativa Formación á porta para cualificar a 500 mozos e mozas en 30 concellos do rural.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias