El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | NOTICIAS DA XUNTA

Aberto o prazo para anotarse na IX edición do programa de debate Parlamento Xove

10-12-2017 13:05:18

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ten aberto o prazo para participar na novena edición do Parlamento Xove, un programa de debate que ten como destinatarios o alumnado de 3º e 4º de Secundaria e de 1º e 2º de Bacharelato de centros de ensino galegos. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría) que deberán de debater sobre unha cuestión proposta previamente. As inscricións poderán facerse a través do formulario electrónico dispoñible no seguinte enderezo

Parlamento Xove é unha iniciativa na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos/a e un profesor que será o coordinador, investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O programa realizase en dúas fases, unha primeira clasificatoria, da que xurdirán oito equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, se desenvolverá un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado. Así mesmo, e con carácter previo ao inicio da fase clasificatoria, desenvolveranse unha xornadas de formación. E, no que respecta aos premios, os equipos gañadores de cada categoría recibirán como agasallo unha viaxe valorada en 5.000 euros para os membros do equipo. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das dúas categorías.

Parlamento Xove nace dun modelo participativo que permite aos mozos e mozas desenvolver a capacidade de levar a cabo diálogos respectuosos e produtivos e permítelles medrar no emprego de ferramentas democráticas. Os mozos realizan debates de carácter argumentativo que permiten a discusión sobre o tema proposto no que gañarán non os equipos que necesariamente teñan a razón, senón os que mellor sustenten as súas ideas.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre a xuventude o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias; ao tempo que se potencian as habilidades individuais e grupais promovendo a selección de información, a expresión oral e escrita, as competencias básicas, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo e a convivencia. Tamén se fomenta a tolerancia, a toma de conciencia no comportamento democrático e respecto polas ideas dos demais.

Parlamento Xove, como actividade na que participa alumnado e profesorado de centros educativos, contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas como a competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita; e compresión oral e escrita); a competencia matemática, xa que en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; a competencia social e cidadá que contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; a competencia cultural e artística dado que nos debates se esixe o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica; e a competencia para aprender e iniciativa persoal.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias