El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Nacional

GALICIA

A Xunta destina máis de un millón para iniciativas empresariais lideradas por mulleres

12-12-2017 10:52:21

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar na súa edición de hoxe a resolución das axudas do Programa Emega, que este ano destina máis de un millón de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo para o fomento do emprendemento feminino, sendo beneficiadas 67 iniciativas empresariais lideradas por mulleres.

Entre as iniciativas beneficiadas atópanse negocios relacionados coa formación, asesorías, clínicas dentais, venda de vehículos, aloxamentos turísticos, transportes ou mesmo unha fábrica de xabón, entre outros. As empresas beneficiarias están formadas por mulleres que teñan domicilio social e establecemento de produción en Galicia, que non pertenzan ao sector público nin sexan entidades sen ánimo de lucro.

O programa constitúe unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral, que persegue apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora feminina. Deste xeito, búscase que aquelas mulleres emprendedoras que o desexen poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo tamén á creación de novos postos de traballo.

O programa Emega ponse en marcha a través de catro liñas de actuación específicas. A liña “Emprende” estará destinada a posta en marcha de novas empresas, a liña “Innova” para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres, “Activa”, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais, a liña “ITEF”, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica).

Por outra banda, conta con dúas modalidades de axudas complementarias: a modalidade “Concilia”, de apoio á conciliación da vida laboral, e a modalidade “Dual”, para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización, co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias