El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Galicia mantén a situación de alerta mentres non se consolide unha suba dos caudais dos ríos

13-12-2017 15:52:39

Pontevedra.- O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, trasladou esta mañá que é necesario manter a situación de alerta porque os ríos galegos aínda non acadaron valores de normalidade propios desta época do ano, é dicir, é preciso que a suba dos caudais base dos ríos se consolide. Así o puxo de manifesto esta mañá na reunión de coordinación cos concellos do sistema 4, a Conca do Umia, na que se atopan os concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Barro, Moraña, Forcarei, Cuntis, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa, Cambados, Ribadumia e Portas.

O director de Augas de Galicia aclarou que a situación actual é propia dunha seca hidrolóxica, que levou a declarar a prealerta e posteriormente alerta, debido ao baixo caudal circulante dos ríos da Conca Hidrolóxica Galicia- Costa e non tanto pola situación do abastecemento, que estivo garantido dado que o prioritario e primeiro, tal e como recollen diversas normativas e o propio Plan hidrolóxico da conca.

De aí que incidise en que as choivas rexistradas nas últimas xornadas pola chegada da borrasca Ana provocaron un cambio puntual nalgunhas zonas, e sobre todo no que se refire a garantía de subministro, pero hai que esperar a que esta situación se estabilice. Os encoros de abastecemento están (dato do 11 de decembro) ao 55,44% da súa ocupación, fronte ao 41,91% que rexistraba a semana anterior ; pero non acadan o 69,07% que rexistraban o pasado ano.

Precisou que para mudar a seca hidrolóxica que padece toda a Comunidade requirirá de máis tempo, máis recarga e manter o consumo responsable; aínda que na situación actual toda a choiva é benvida e é importante que haxa continuidade. Afirmou que sería “un grave erro” pensar que polo avance dunha borrasca, a situación da seca cesou. É necesario continuidade, afirmou.

O director de Augas de Galicia adiantou que será a reunión da Oficina Técnica da Seca, na súa reunión do vindeiro luns, a que analizará a situación con toda a información relativa ás últimas xornadas (estado dos encoros e comportamento da rede de aforos) e ás previsións máis inmediatas, para determinar as novas medidas e pasos necesarios; xa que se ben é certo que estas choivas tan intensas, a nivel de almacenamento de auga nos encoros, si que ten unha repercusión inmediata; o importante é analizar como incide na recarga dos acuíferos e dos ríos, para que se recupere o sistema pouco a pouco. 

Por último, Roberto Rodríguez recordou que o inicio do ano hidrolóxico e o outono están a ser períodos moi secos, polo que –a pesar das precipitacións rexistradas- é importante incidir na necesidade de concienciar á poboación sobre a importancia de realizar un consumo responsable da auga, así como manter medidas restritivas de usos non esenciais. Destacou que hai que mudar a sensación de Galicia non pode rexistrar as incidencias propias dunha terra de seca, pois xa estamos a notar algunhas consecuencias se non se fai un uso responsable dos recursos hídricos.


Colaboración cos concellos

Na reunión celebrada hoxe, o director de Augas de Galicia solicitou colaboración aos concellos do sistema 4, dado o papel fundamental na xestión dos recursos dispoñibles, para o que e necesario analizar que usos non son prioritarios e coordinar a adopción de medidas.Para tomar decisións “é necesario contar coa información detallada sobre os usos e consumos de cada concello e así fixar as medidas necesarias e efectivas, que poden ser adoptadas por todos os concellos do sistema ou e específicas, fixadas en función do consumo dos distintos usos de cada concello





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias