El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA | SAÚDE

O Programa galego de detección precoz do cancro de mama detectou preto de 8.000 cancros

15-12-2017 13:45:12

“No período que vai dende o ano 1992 ata o 2015, detectáronse preto de 8.000 cancros dentro do Programa de detección precoz do cancro de mama. Cómpre destacar que o 92% destes tumores tiñan un estadío tumoral baixo e un 66% non tiñan afectación gaglionar no momento do seu diagnóstico”. Estes datos foron dados a coñecer hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de conmemoración do XXV aniversario do Programa galego de detección precoz do cancro de mama, que tivo lugar hoxe no Edificio Administrativo de San Lázaro.

Segundo o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, “pódese comprobar que estamos a conseguir unha redución significativa da mortalidade por esta causa, redución na que teñen un papel fundamental tanto o programa de detección precoz como as melloras asistenciais que foron incorporándose ao noso sistema sanitario ao longo dos anos”.

Almuiña resaltou a capacidade do programa de adaptarse ás novas evidencias que foron xurdindo, “e tamén aos avances tecnolóxicos que se foron incorporando durante estes anos”. Un exemplo diso “é a modificación do grupo de idade obxectivo do programa, ampliándose a cobertura ata os 69 anos de idade”.

Outros cambios importantes que destacou o conselleiro foron, “a incorporación da tecnoloxía dixital e a reestruturación do programa no sentido de eliminar as unidades móbìles, útiles no seu momento para achegarnos aos lugares máis afastados e favorecer a participación das mulleres, e hoxe superadas”. Segundo Almuiña, “grazas á alta sensibilización das mulleres ante este problema de saúde e á apertura de novas unidades fixas nos hospitais comarcais, puidemos mellorar as condicións de exploración sen que exista mingua algunha nas taxas de participación”.

O conselleiro de Sanidade rematou a súa intervención agradecendo o seu traballo a todas as persoas que fan posible o desenvolvemento deste programa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias