El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

FÚTBOL

Feijóo celebra que o Celta siga sendo un digno embaixador de Vigo

15-12-2017 18:53:18
Feijóo, no acto xuntos construímos o futuro

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, mostrou hoxe a súa satisfacción por que o Celta siga sendo un digno embaixador de Vigo e do conxunto de Galicia. Así o defendeu o titular do Goberno galego durante a súa intervención no acto Xuntos construímos o futuro, organizado polo R.C. Celta de Vigo, onde fixo fincapé en que os símbolos hai que protexelos e o Celta é un símbolo de Vigo e tamén máis alá desta cidade.

Por iso, asegurou que a Xunta entendeu desde o principio que había moitas razóns para contribuír en todo o que fose posible para sacar o novo proxecto do estadio adiante. Como lembrou, non foi doado porque a realidade é que, nun concello co planeamento municipal tombado pola Xustiza desde 2015 e sen outro alternativo polo momento, determinados proxectos urbanísticos resultan máis complexos.

Neste sentido, recordou que, o camiño legal para superar os escollos derivados da ausencia dun planeamento municipal e poder apoiar o novo Balaídos o tiña trazado a Xunta desde que o pasado ano aprobou a Lei de medidas en materia de proxectos públicos urxentes ou de especial interese, que tamén permitiu desatascar varias infraestruturas chave para Vigo, como a ampliación das instalacións de Citroën ou a futura estación intermodal.

Ao fío disto, Feijóo fixo fincapé en que as administracións teñen o deber de facilitarlle ao Celta, que é un club de primeira, unhas instalacións da súa mesma categoría. Neste senso, indicou que o Celta sempre tivo o compromiso da Xunta de garantir que poida manter o seu arraigo en Vigo e poida seguir xogando no mesmo estadio que desfruta as súas vitorias desde 1928, aseverou o presidente da Xunta, para logo salientar que a Xunta garantiu sempre que cumprirá a parte que lle corresponde e, en canto sexa preciso, acelerará e validará os usos urbanísticos para que a reforma de Balaídos sexa unha realidade o antes posible.

Así mesmo, fixo fincapé en que tamén está desbloqueado o outro gran pilar para o club, que é a nova cidade deportiva en Mos. Supón un paso máis na construción do Gran Vigo, que transcende á cidade. Para finalizar, subliñou a importancia de que todos, Celta, Xunta, Concello de Vigo e Concello de Mos, fosen quen de poñerse de acordo e de traballar para, en conxunto, poñer en marcha este proxecto de futuro para o Celta, para Vigo e a súa área e para Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias