El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

NA PROVINCIA DE LUGO

A Xunta inviste 1,2 millóns en accións directas de promoción do deporte

03-01-2018 12:54:52

Lugo.- A Xunta de Galicia inviste 1.277.700 euros en accións directas de promoción do deporte na provincia de Lugo, entre axudas aos deportistas, patrocinios ou obras de mellora de instalacións e equipamentos.

Neste cómputo global ten un peso específico o programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, Xogade, no que participan 16.500 nenos e nenas da provincia de Lugo. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que “esta é unha clara aposta polo deporte base, unha iniciativa coa que pretendemos inculcar nos nenos a práctica do deporte e, con elo, hábitos saudables e valores que os acompañarán durante toda a vida”.

En Xogade conviven 26 modalidades diferentes, divididas en "actividade deportiva escolar" e "actividade deportiva federada" con competicións de carácter local, provincial e autonómico na maioría dos casos. O desenvolvemento deste programa na provincia de Lugo implica un desembolso económico de 367.600 euros.

Igualmente, a Secretaría Xeral para o Deporte destina 330.700 euros ao patrocinio de 8 eventos deportivos na provincia e 14 subvencións para equipos de primeira e segunda división. Entre os eventos destacables atópanse o rally San Froilán e as subidas a Chantada e A Pontenova, así como carreiras e campionatos de distintas especialidades.

Por outra banda, inviste 292.000 euros en subvencionar a actividade de 163 clubs e agrupacións deportivas da provincia, así como a deportistas lucenses de alto nivel, incluíndo a estadía de tres deles no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Finalmente, a Xunta sufragou no presente ano obras de mellora de infraestruturas deportivas por importe global de 287.358 euros. O investimento máis destacado foi o convenio recentemente asinado para impulsar o circuíto deportivo de Outeiro de Rei, para o que a Xunta achegará 157.000 euros. Tamén, melloráronse os campos de fútbol de Pantón e Guntín, a pista deportiva do Saviñao, a cuberta e as gradas do pavillón de Ribas de Sil, a iluminación do de Pedrafita do Cebreiro, e realizáronse obras de eficiencia enerxética no de Trabada e a pavimentación do acceso ao campo de Friol.

Ademais, segundo explicou Balseiro, a Xunta distribuíu 3,6 millóns de euros en convenios con 58 federacións deportivas galegas para o desenvolvemento de actividades en todo o territorio.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias