El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

FERROL

Tellado: "A cidade e a comarca contarán con 33 millóns"

03-01-2018 16:58:13
Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG.

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu hoxe en Ferrol a súa primeira rolda de prensa do ano, na que celebrou que o Goberno galego comece o exercicio “cos deberes feitos e os Orzamentos aprobados en tempo e forma”. Neste sentido, Tellado lembrou que a cidade e a comarca contarán con 33 millóns de euros en novos investimentos grazas aos esforzos da Xunta de Galicia.  

Especial fincapé fixo o número dous dos populares galegos nos 13 millóns de euros que investirá a consellería de Política Social. O departamento liderado por José Manuel Rey Varela fará fronte á construción dunha nova residencia na cidade, unha actuación que, segundo Tellado “moitos demandaron e moitos prometeron, pero serán este Goberno e este conselleiro os que a desenvolvan”.  

Despois disto, Tellado enumerou outros proxectos “fundamentais” para a cidade e a comarca tamén incluídos nas contas deste ano, como a ampliación da VAP Costa Norte, o desenvolvemento do Plan Director do Arquitecto Marcide ou a fase final do saneamento da Ría, unha cuestión que “se non se acometeu con anterioridade foi pola deixadez e a falta de colaboración do Concello”.  

O secretario xeral tamén contrapuxo os fondos consignados pola Xunta coa ausencia total de investimentos na cidade do goberno municipal, dado que non foi quen de aprobar as súas contas e seguirá coa prórroga das de 2015. “Ferrol non ten Orzamentos, pero nin sequera ten un borrador deles, porque ten un alcalde á deriva que non sabe nin o que quere facer”, sinalou, para lamentar que “os cidadáns xa non poden esperar nada do seu Goberno municipal e xa só lles queda agardar á data das vindeiras eleccións para poñer fin a esta etapa”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias