El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Deportes

ATLETISMO

Ourense, epicentro do atletismo galego

10-01-2018 19:35:24

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou hoxe na presentación dos Campionatos de Galicia Absoluto e Máster de pista cuberta que terán lugar na recentemente inaugurada pista de atletismo de Ourense os vindeiros sábado e domingo.

Deste xeito, dixo a máxima responsable do deporte galego, “Ourense converterase no epicentro do atletismo galego nunha fin de semana chea de deporte e na que os mellores deportistas do panorama absoluto e máster de Galicia daranse cita nesta instalación que é a xoia do noso atletismo”.

Tocante a nova instalación deportiva sita no recinto de Expourense, a titular da carteira de Deporte, informou que “desde a súa inauguración, contou con actividade deportiva todas as fins de semana”. “Unha instalación que, como dixen na súa inauguración, xa é unha contundente realidade”, continuou e asegurou sentir “satisfacción e orgullo por encher esta pista de contido deportivo de calidade”.

Do mesmo xeito, Marta Míguez sinalou no seu discurso que esta pista que conta coa tecnoloxía máis avanzada “servirá a todos os atletas como acicate, como estímulo e motivación para seguir mellorando e elevando o nivel do atletismo galego”. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias