El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA

Novos baremos para a adxudicación de oficinas de farmacia

12-01-2018 15:40:57

O Portal de Transparencia e Bo Goberno da Xunta de Galicia publica hoxe o proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia quedando aberto o prazo de suxestións. A reforma do decreto establece un novo baremo que dará prioridade á experiencia profesional en oficina de farmacia como elemento valorable.

Con esta medida a Consellería de Sanidade garante que o perfil dos adxudicatarios finais sexa acorde á experiencia necesaria para o desempeño profesional na titularidade dunha oficina de farmacia; e dá resposta ás demandas dos profesionais farmacéuticos e dos seus respectivos colexios.

O dito baremo consta de dous anexos, o primeiro recolle os méritos para a adxudicación das novas oficinas de farmacia e está integrado por sete epígrafes relativos a: méritos académicos (estudos de licenciatura e os de posgrao), experiencia profesional (exercicio relacionado coa dispensación de medicamentos en oficinas de farmacia, exercicio relacionado con outros servizos farmacéuticos, na Administración pública e exercicio como docente), formación continuada (actividades formativas en calidade de discentes, máster universitario-título propio, experto universitario e títulos propios da universidade de polo menos 25 créditos, grado en óptica-optometría e dietisita-nutricionista e outros títulos ou diplomas oficiais en óptica, acústica y adudiometría e ortopedia), publicacións (en revistas científicas, libros ou capítulos de libros), coñecemento do idioma galego, discapacidade e, por último, o fomento e a creación de emprego.

O segundo anexo recolle os criterios que deberán observar as persoas integrantes da comisión de valoración encargada da valoración dos méritos presentados polos/as participantes nos concursos públicos de adxudicación das novas oficinas de farmacia convocados a tal efecto.


Diferencias máis salientables con anterior baremo

A experiencia profesional pasa a constituír o criterio de maior peso a efectos de valoración, pasando dun máximo de 30 (conforme ao baremo anterior) a un máximo de 60 puntos. Neste apartado increméntase a puntuación correspondente ao exercicio relacionado coa dispensación de medicamentos en oficinas de farmacia, dado que o que se trata é de garantir que esta labor poida realizarse polas novas persoas adxudicatarias coa maior eficacia e eficiencia, a efectos de prestar un servizo de calidade ás persoas usuarias. Valorarase pois a razón de 0,4 puntos por mes de servizos prestados (cando no anterior baremo valorábase en 0,04).

A valoración do exercicio farmacéutico en atención primaria, farmacia hospitalaria e como director/a farmacéutico/a experimenta unha pequena variación aínda que mantendo o peso que xa tiña no baremo anterior (pasando de 0,01 a 0,15 puntos por mes de servizos prestados). Ademáis, recóllese expresamente a valoración do exercicio como farmacéutico/a responsable de servizos farmacéuticos de centros de atención a drogodependentes. Finalmente, a valoración da docencia inclúese agora neste apartado, pasando a valorarse con 0,4 puntos por curso académico (baixa 0,1 respecto do anterior).

En relación aos méritos académicos, a puntuación máxima obtida en base a este criterio pasa dos 12 aos 15 puntos, incrementándose así lixeiramente os puntos obtidos por cada unha das cualificacións, ademais de recoñecer agora e puntuar a obtención de premio extraordinario. Pola contra, non se valoran as materias de idiomas (agás a de coñecemento da lingua galega, por tratarse dun mérito valorable por imperativo da lei), relixión, formación política e educación física, materias respecto das cales o baremo anterior gardaba silencio.

Sobre formación continuada mantense a puntuación máxima posible neste apartado (10 puntos) así como o período valorable (últimos 10 anos), aínda que si se recollen con maior nivel de detalle as distintas actividades formativas susceptibles de valoración, o cal da lugar a un desglose mais polo miúdo das mesmas, contribuíndo así a acadar unha maior seguridade xurídica. A puntuación máxima a acadar por publicacións baixa dos 10 aos 4 puntos, aínda que si se seguen a valorar as publicacións efectuadas no mesmo período (últimos 10 anos). Polo que se refire ás publicacións en revistas científicas, valoraranse so aquelas que aparezan en revistas indexadas nas bases de datos que se determinan no baremo.

Como novidade, o novo baremo supedita a valoración da contratación de persoal adicional para a oficina de farmacia ao feito de favorecer o crecemento neto do dito persoal por un período mínimo de 3 anos dentro dos últimos 5 e ata a convocatoria do concurso, cunha puntuación máxima de 1,5 puntos fronte aos 0,75 do anterior.

O coñecemento do idioma galego terá unha puntuación máxima de 5 puntos, fronte aos 10 anteriores, e increméntase nun punto a valoración das discapacidades superiores ao 65%.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias