El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Promoverá o uso do galego nos concellos co programa "O galego: a miña lingua propia"

18-01-2018 15:43:01
Presentación do "O galego: a miña lingua propia".

A Deputación da Coruña promoverá o uso da lingua galega entre a mocidade co lanzamento da campaña “O galego: a miña lingua propia” que se levará a cabo en 43 concellos da provincia.

A iniciativa, promovida pola área de Normalización Lingüística, que dirixe a tamén vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, ten por obxecto a posta en marcha dunha campaña de promoción do galego entre a poboación máis nova, ao desprenderse dos derradeiros estudos sociolingüísticos unha disminución no uso do galego nestas franxas de idade.

Dotada cun orzamento de 181.500 euros, a campaña “O galego: a miña lingua propia” pivotará principalmente sobre dous eixos. Por unha parte, a celebración de actividades e relatorios con persoas relevantes do mundo da música, o deporte, a escrita, a danza, etc., que sexan referentes para os mozos e mozas da provincia e que, pola súa actividade, amosasen o seu compromiso co lingua galega.

A responsábel da área de Lingua da Deputación, Goretti Sanmartín sinalou que “a campaña busca que persoas referentes en distintas disciplinas mostren o seu orgullo de teren unha lingua propia e contaxien as xeracións máis novas a vontade de falar e o prestixio da lingua”.

Así, os relatorios buscarán valorizar e dignificar o uso da lingua entre a mocidade, poñendo en valor o idioma propio da Galiza e reafirmar o seu emprego en todos os contextos.

Por outra banda, e co ánimo de promover a sensibilización idiomática e fomentar unha actitude positiva entre a poboación adolescente cara á lingua, o programa levará asociado unha campaña publicitaria e tamén terá presenza en diferentes lugares dos concellos adheridos á iniciativa.

A campaña de promoción da lingua galega entre a mocidade diríxese aos 43 concellos beneficiarios da subvención para contratar persoal técnico de normalización lingüística.


Os municipios

Entre os municipios en que se han desenvolver estas actividades están: A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Mancomunidade de Ordes (Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía).Até o día 26 de xaneiro está o prazo de presentación de propostas para concorrer á convocatoria de realización da campaña de promoción da lingua da Deputación da Coruña. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias