El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

UNIVERSIDADE

Alumnado da UDC inicia o programa Explorer con 20 proxectos emprendedores

18-01-2018 16:07:49

A Coruña.- A Facultade de Informática acollerá esta tarde, ás 16:00 horas (aula 2.2b) o inicio do programa Explorer “Jóvenes con ideas” para que o alumnado da Universidade da Coruña poida desenvolver o seu proxecto empresarial co asesoramento do programa promovido por Banco Santander a través de Santander Universidades, coordinado polo CISE e coa colaboración da UDC.

O reitor, Julio Abalde, a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, o director de Institucións en Galicia e Asturias de Banco Santander, Dositeo Terrón, o decano de Informática, Luis Hervella, e un representante de Secot abrirán esta tarde o programa de formación, apoio e mentoring a 28 estudantes emprendedores que desenvolverán 20 ideas empresariais, dun total de 40 iniciativas presentadas, ao longo dos próximos cinco meses. O mellor emprendedor do Explorer Space UDC gañará unha viaxe a Sillicon Valley e poderá optar a un financiamento de 60.000 euros para poñer en marcha a súa idea empresarial. 

Entre as ideas máis innovadoras que se desenvolverán hai proxectos relacionados coa realidade virtual, os videoxogos, a hostalería, o turismo, a moda ou a enxeñaría. O alumnado seleccionado poderá asistir a sesións prácticas de talleres de design thinking, creatividade, finanzas, liderado, marketing ou habilidades comunicativas con 30 horas de formación especializada impartidas polos expertos que conforman a rede do programa Explorer. Á súa vez cada proxecto contará co apoio personalizado dun mentor voluntario que aportará o seu coñecemento e asesoramento. Ao remate dos cinco meses de formación, o estudante co proxecto mellor valorado do Explorer Space UDC viaxará a Silicon Valley, referente mundial en innovación, onde recibirá clases maxistrais en empresas tecnolóxicas punteiras, asesoramento en internacionalización e contacto con investidores. Ademais ao seu regreso de San Francisco, poderá optar a un dos tres premios nacionais dotados con 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o desenvolvemento do seu negocio. 

Grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award, impulsado pola empresa INDRA, con 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraaventures ao proxecto de negocio máis innovador. 

O programa Explorer forma parte da comunidade global Santander X e representa a evolución do programa Santander Yuzz, unha iniciativa que nas oito edicións pasadas potenciou as ideas de máis de 4.200 estudantes e xerou centos de empresas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias