El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Feijóo: "A renovación política en Galicia é o PPdeG"

20-01-2018 22:39:04
Núñez Feijóo.

O presidente do Partido Popular de Galicia, Núñez Feijóo, participou este sábado na primeira Xunta Directiva autonómica deste 2018, na que sinalou que “despois de 30 anos gobernando esta terra, O PPdeG ten moito máis futuro que pasado”. Neste mesmo sentido, convidou aos seus compañeiros a mostrárense “ilusionados por todo o que queda por facer” en materia de economía e mellora dos servizos públicos, así como por “dar resposta ás inquedanzas dos galegos”. 

Feijóo iniciou a súa intervención lembrando que esta semana se conmemoran dúas datas sinaladas para os populares galegos. A primeira, o cabodano do pasamento do presidente fundador do Partido Popular Manuel Fraga, do que sinalou que “a súa herdanza política segue moi presente”, dado que converteu á súa formación “no primeiro partido dos galegos e do conxunto dos españois”. “É unha honra presidir este partido en Galicia, pero aínda é unha honra maior facelo despois do presidente Fraga”, incidiu. 

Precisamente a segunda das efemérides celebradas este sábado foi o aniversario da chegada de Feijóo ao liderado dos populares galegos. O presidente referiuse ao Congreso Autonómico de 2006 como “un acto de xenerosidade” e agradeceu unha vez máis o apoio que lle brindou o partido. “Xa non son ningún descoñecido e ningunha incógnita”, ironizou, para recalcar que “hoxe teño máis ganas ca nunca de seguir construíndo a Galicia que queremos”.

O líder dos populares reivindicou que o espazo político que ocupa o PPdeG “non é simplemente o centro, a esquerda ou a dereita; o nacionalismo ou o constitucionalismo. O espazo político do Partido Popular de Galicia é Galicia, sen excepcións”, un feito que explica que as demais formacións non sexan quen de acadar o seu propio lugar, xa que os populares “servimos a toda Galicia”.   

Insistindo neste argumento, o presidente destacou que a renovación política na nosa Comunidade represéntaa o Partido Popular. “Aquí coñecémonos todos”, salientou, para lembrar que en Galicia quen fala claro e quen defende a convivencia constitucional son os populares.   

Nun sentido similar, apuntou que a organización “renovouse hai 12 anos e nunca deixou de facelo”, para expoñer que “o auténtico cambio consiste en adaptar unha proposta política á evolución da sociedade, corrixindo os erros e abundando nos acertos”, así como en abrir as portas do partido a aqueles que estean dispostos a sumar. “Galicia evoluciona e o PPdeG debe seguir amoldándose a ela, porque esa será a clave para conseguir novos éxitos”, sentenciou.


O "fracaso" da oposición

Logo de lembrar que “a historia do Partido Popular está chea de momentos nos que fixemos posible o imposible”, e de facer un repaso dos triunfos recentes da formación, Feijóo explicou que “as vitorias deste partido non son casuais, como tampouco o é o fracaso dos outros, nin a súa constante desorientación e inestabilidade”.   

Neste mesmo sentido, desbotou a idea de que os 17 líderes que tivo a oposición nestes anos non tivesen virtudes, e apuntou que “non é sinxelo” facer oposición a un partido que sente Galicia como o fan tamén a maioría das galegas e galegos, que estivo e está ao carón deles nos momentos máis difíciles e traballa cada día polo progreso da nosa Comunidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias