El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

UNIVERSIDADE

O reitor da UDC, presidente da CRUE

05-02-2018 11:57:03
Asemblea Xeral de Crue Universidades Españolas.

A Coruña.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, foi elixido presidente da comisión sectorial de Xerencias na Asemblea Xeral de Crue Universidades Españolas que tivo lugar na Universitat de València o pasado venres. 

A organización Crue Universidades Españolas, da que forman parte 76 universidades, públicas e privadas, está presidida polo reitor da Universitat de Lleida, Roberto Fernández. Está integrada por diversas comisións sectoriais, unha delas a de Xerencias que reúne a todos os xerentes das universidades españolas e ten como finalidade analizar e debatir todos os aspectos de índole económica, financeira, fiscal, orzamentaria e de xestión de recursos das universidades. Julio Abalde substitúe na súa presidencia ao reitor da Universitat Politècnica de València, Francisco Mora. 

Na Asamblea, o presidente de Crue Universidades Españolas presentou as liñas mestras da Axenda Política da institución. Entre os dez puntos clave da folla de ruta marcada por Roberto Fernández –estruturada en dous grandes apartados: fortalecemento do Sistema Universitario Español e fortalecemento das comunidades universitarias- destacan a esixencia de maior financiamento e o desenvolvemento de políticas que melloren a situación actual do profesorado e do persoal de administración e servizos. A reducción das taxas universitarias e un aumento de bolsas e axudas aos estudantes tamén figuran entre as prioridades. 

Durante a súa intervención, informa Crue Universidades Españolas, o reitor da Universitat de Lleida adiantou aos reitores das 76 universidades a proposta que fará aos consellos sociais das universidades, aos empresarios e aos sindicatos para acadar “un consenso que reclame ao Parlamento poñer en primeira liña de actuación a universidade española”. O obxectivo final deste gran acordo sería lograr “un Pacto de Estado que poida derivar nunha lei de universidades” e que permita ás universidades “ocupar o lugar que deberan na estratexia global para o futuro de España. Non hai futuro en España se non hai un bo futuro para a universidade”, asegurou Roberto Fernández ante os reitores presentes. 

Ademais da renovación na presidencia de Xerencias, a Asemblea Xeral aprobou o nomeamento dos novos presidentes das comisións sectoriais de Asuntos Estudiantís, Internacionalización e Cooperación, e Sustentabilidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias