El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

Frío de Galicia inicia a súa actividade co primeiro control de vehículos de transporte de percedoiros

07-02-2018 11:51:03

A Coruña.- O Laboratorio de Frío de Galicia, ubicado no recinto da estación de ITV de Espírito Santo en Sada (A Coruña), iniciou a súa actividade coa realización do primeiro control de vehículos de transporte de produtos perecedoiros. Trátase dunha nova aposta pola innovación, a competitividade e a tecnoloxía de vangarda por parte de SyC-Applus, en liña co seu modelo galego de inspección de vehículos. Aténdese ademais a outro dos valores da concesionaria de ITV de Galicia, que é a cercanía. Ata agora tanto os carroceiros como os transportistas tiñan que desplazarse ata Madrid, onde se atopa o laboratorio de frío máis preto da nosa comunidade. De feito, ata a posta en servizo do laboratorio de Espíritu Santo só existían dúas instalacións en España –nas comunidades de Madrid, Andalucía- que outorgan as certificacións con cobertura para transporte internacional. Ademais, acaba de abrir outra en Castela A Mancha.   

A flota de transporte de productos perecedoiros é moi importante en Galicia, dado o peso do seu sector agroalimentario. Por tanto, esta iniciativa, para a que foi necesario abordar un complexo proceso de tramitación legal de cara á designación como estación oficial de ensaios ATP polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, beneficiará a diversos ámbitos de actividade dentro dun sector cunha flota estimada en torno a 15.000 vehículos.   

Deste xeito, o Laboratorio de Frío de Galicia convértese na única estación oficial nonorte de España homologada para realizar os controis que esixe o Acordo Internacional de Transporte de Mercadorías Perecedeiras (ATP), cumplindo coa normativa que permite garantir a idoneidade de novos prototipos de vehículos ou para verificar os que xa están en servizo.   

No seu ciclo de vida, os vehículos destinados a transporte de perecedoiros deben someterse a estritos controis tanto por parte das OCA (organismos de control), como na propia inspección técnica de vehículos. No laboratorio de frío desenvólvense os ensaios necesarios para avaliar o estado dos contenedores de temperatura controlada necesarios para a súa homologación, de xeito que podan ser carrozados nos vehículos con todas as garantías. Unha vez que chegan ás estradas, eses vehículos deben superar unha inspección técnica despois de seis anos, e logo cada tres anos. Cando cumpren 21 anos de vida os vehículosdeben volver a pasar polo laboratorio de frío para verificar o correcto estado dos contenedores nos que viaxan os produtos perecedoiros. Ademais, deben realizar este mesmo ensaio os vehículos importados con máis de seis anos de antigüidade.   

Un dos elementos máis positivos da posta en marcha do laboratorio é que se beneficiarán desde fabricantes e carroceiros ata transportistas, xa que tanto os ensaios no laboratorio como os controis periódicos pódense realizar nas mesmas instalacións de SyC-Applus en Espíritu Santo. Isto non só incide na eficacia e calidade das condicións isotérmicas dos vehículos, senón tamén na comodidade dos propios usuarios. Ademais de evitar os custos de desprazamento a puntos tan alonxados como Madrid, aforran os gastos de manutención ou estancia, dado que debido á complexidade dos ensaios os controis do laboratoiro adoitan prolongarse de dous a tres días. Ademais, o obxectivo é favorecer con estas mesmas vantaxes a profesionais do sector procedentes das comunidades limítrofes. De feito, se ben o primeiro vehículo sometido a ensaios no Laboratorio de Frío de Galicia procede da nosa comunidade, o segundo que entrará nas instalacións para o seu control xa procede de Asturias.   

O Laboratorio de Frío de Galicia instalouse baixo os estándares de máxima calidade e vangarda técnica nos eido dos sistemas de control de vehículos de productos perecedoiros, que teñen por obxeto asegurar o mantemento da cadea de frío e por tanto a súa hixiene, seguridade e calidade, para que chegen en óptimas condición aos consumidores.   

A instalación consiste nunha cámara de ensaio de 26 metros de lonxitude, na que se avalía a capacidade illante das unidades isotermas. A tecnoloxía implementada polo laboratorio permitirá a automatización na toma de datose a obtención de resultados, o que axilizará os procesos paraemitir o as actas de ensaionun prazo máis reducido. Departamento de comunicación      





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias