Pontevedra.- A Deputación de Pontevedra vén de pór en
marcha unha nova edición do Plan de Práctica Laboral nos concellos da provincia
de menos de 50.000 habitantes, a través docal ofrece a estes 59 concellos un
total de 162 bolsas de práctica laboral.
O obxectivo do Plan de Práctica Laboral é promover e completar a
formación de persoas con titulación universitaria ou formación profesional de
ciclo superior, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación,
mediante a realización dun proxecto formativo que lles poida proporcionar a
experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción
laboral.
Os concellos que queiran solicitar estas
bolsas terán un período de presentación de solicitudes dende o 12 de febreiro
ata o 26 de febreiro,para o que deberán cubrir o formulario de solicitude e
presentar no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. Xunto ao formulario,
os concellos achegarán o acordo favorable, por parte do órgano competente, de
adhesión ao Plan de Práctica Laboral, así como o proxecto de práctica laboral
que se vai desenvolver, no que se inclúe o perfil das persoasbolseiras e, entre
outras cuestións, o contido das tarefas que van realizar. Os concellos tamén
deberán incluír a designación do persoal do concello que se encargara da
titoría da persoa seleccionada e a declaración responsable de manter os
requisitos esixidos durante o período de vixencia da bolsa.
As 162 bolsas do Plan de Práctica Laboral nos
concellos distribuirase en función de criterios de poboación, de xeito que os
23 concellos de ata 5.000 habitantes e os 14 de entre 5.001 e 10.000 disporán
de 2 bolsas cada un e, os oito de entre 10.0001 e 15.000 mailos 14 de
entre 15.001 e 50.000 habitantes terán á
súa disposición 4 prazas cada un.
As novidades máis salientables este ano son a
necesidade de solicitar unha titulación suplente para cada unha das bolsas
solicitadas. Amais, nos casos de renuncia da persoa bolseira antes da
finalización da bolsa, poderase solicitar a súa substitución sempre que non
transcorra un prazo superior a catro meses desde a data de inicio da bolsa.
Amais destas 162 bolsas nos concellos da
provincia, o Plan de Práctica Laboral de 2018 ofertará
tamén outras 38 bolsas nos servizos da institución provincial co obxectivo de
impulsar a formación práctica e facilitar a inserción laboral das persoas
recentemente graduadas en formación profesional ou tituladas universitarias. Departamento de comunicación