El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA

Aberto o prazo para optar aos premios extraordinarios de FP de grao superior

15-02-2018 11:23:00

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar os Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17.

Tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (dispoñible no enlace), o prazo de presentación de solicitudes para optar a ditos galardóns estará aberto desde mañá ata o día 15 de marzo. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica (https.//sede.xunta.gal), aínda que tamén se poderá realizar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros legalmente establecidos para tal fin.

En total convócanse ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada en Galicia; e poderán optar a ditos premios aqueles estudantes que teñan cursado estudos de FP de grao superior no curso 2016/17 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial u modalidade a distancia) e telos rematado no ano 2017; así como ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos; entre outros.

O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 850 € por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias