Lugo.- O
Goberno da Deputación abriu hoxe o prazo de solicitude para participar
nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, pertencentes ao V
Campus de Emprendemento Sostible, con prazas para 40 persoas, que se
celebrarán durante a primeira quincena de marzo. A través desta iniciativa o
Executivo da Deputación ofrece gratuitamente a todos os lucenses formación,
asesoramento individualizado e coñecemento in situ sobre proxectos
empresariais exitosos, con visitas aos mesmos e encontros cos emprendedores, co
obxectivo de poñer en marcha os seus propios establecementos en calquera dos 29
Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares
Lucenses.
Os
interesados poden apuntarse ata o 5 de marzo no espazo que se atopa habilitado
en www.deputacionlugo.gal.
Poderán inscribirse en calquera dos dous seguintes Campus, cuxas clases
formativas se impartirán no Centro de Interpretación, situado no Paseo do Río
Rato, na capital lucense:
.- Campus
de motivación empresarial: (20 prazas) abordaranse os
elementos principais a ter en conta á hora de abrir unha empresa, as
oportunidades de negocio na provincias, os proxectos exitosos postos en
marcha... As sesións teóricas terán lugar o 6, 7 e 8 de marzo en horario de
10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 9 de marzo.
.- Campus
de maduración empresarial: (20 prazas) traballarase a
maduración da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por
exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía
Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade
económico-financeira a 5 anos. As sesións teóricas desenvolveranse o 12, 13 e
14 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 15
de marzo.
21
empresas xeradas
As
catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron
polo de agora, pois continúa o asesoramento para a posta en marcha de máis
proxectos empresariais, dun total de 21 novas empresas na provinciae, polo
tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués. As
empresas de recente creación son as seguintes: A horta da Sancoveiga; Esther
Fernández Díaz; Nenea, medrar creando; Avogar; Bico de Grao; PK3 Ingenieros;
Marmeladas Acea de Olga; WiseKidSummerCamp; Mel Casa Príncipe; Explotación
Extensiva de Gando Vacún; Abadía; Bufarda Arquitectura; Esmorga Eventos;
Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós; M3 Aguas: ingeniería ambiental; Tu
alicate, tenda online de ferramentas; Artesanía Calabazas Mago de Luz; Centro
Shalom; Caserío Meiroi; Elexes, más que electricidad; Hotel Os Ancares. Departamento de comunicación