El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Celebrada a fase clasificatoria da novena edición da competición de debate Parlamento Xove

24-02-2018 17:41:57

A Xunta de Galicia celebrou hoxe a primeira xornada clasificatoria da novena edición de Parlamento Xove, unha competición de debate que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a xuventude galega.

Nesta primeira xornada clasificatoria correspondente á categoría de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), participaron un total de 23 equipos, formados por un profesor e catro alumnos/as, de 18 centros educativos de toda a comunidade autónoma galega. Cun equipo participaron: o CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña), o Colexio La Salle (Santiago), o IES Campo de San Alberto (Noia), o CPR Plurilingüe Esclavas (A Coruña), o IES Plurilingüe Pedra da Aguia (Camariñas), o IES Moncho Valcarce (As Pontes), o IES Agra do Orzán (A Coruña), o CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes (A Estrada), o CPR Plurilingüe Monterrey (Vigo), o IES A Xunqueira II (Pontevedra), o Colexio Plurilingüe San José-Fec (Lugo), o IES de Becerreá e o Centro Educativo Galén (Lugo). E con dous equipos participaron: o Colexio Internacional Sek- Atlántico (Poio), o Colexio Mª Inmaculada Carmelitas (Vigo), o CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagacía de Arousa), o CPR Maristas A Inmaculada (Lugo) e o Colexio Padres Escolapios (Monforte de Lemos).

Nesta novena edición o tema de debate da fase clasificatoria é A educación ambiental nos centros educativos, significaría evitar incendios como os acaecidos en outubro de 2017 en Galicia? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procede ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, “a favor” ou “en contra”, en relación á cuestión formulada. Os equipos levaron a cabo un labor de investigación previa e agora contrapoñen e discuten datos e ideas.

A próxima fin de semana terá lugar a segunda xornada clasificatoria de Parlamento Xove 2018 cos debates da categoría de Bacharelato, estando prevista a participación de 19 equipos de 14 centros educativos de toda Galicia. Cun equipo participarán: o CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña), o IES Moncho Valcarce (As Pontes), o IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa), o IES Pintor Colmeiro (Silleda), o Colexio Mª. Inmaculada Carmelitas (Vigo), o IES A Xunqueira II (Pontevedra), o Colexio Plurilingüe San José-Fec (Lugo), o IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e o IES Lucus Augusti (Lugo). E con dous equipos participarán: o Colexio La Salle (Santiago), o Colexio Internacional Sek Atlántico (Poio), o IES Laxeiro (Lalín), o IES de Becerreá e o IES Basanta Silva (Vilalba).

Xunto aos oito equipos clasificados da categoría da ESO, os oito equipos que resulten clasificados de Bacharelato, participarán na fase final que descorrerá no hemiciclo do Parlamento de Galicia.

En canto aos premios, os gañadores de cada categoría contarán cunha axuda de 5.000 euros para unha viaxe. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e o mellor artigo de investigación en cada unha das dúas categorías.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias