El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comeza o último curso do CENTRAD de instrumentos medievais

26-02-2018 15:00:46
Último obradoiro de instrumentos medievais.

Pontevedra.- O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación acolle hoxe o último obradoiro de instrumentos medievais coa construción dunha zanfoña, que estará dirixido polo luthier Antonio Franco. Trátase dunha iniciativa pioneira, pois por primeira vez en España unha administración pública ofrece a profesionais do sector formación gratuíta da man de reputados Luthiers sobre a construción de instrumentos medievais adaptados ao século XXI. É dicir, non se realizarán réplicas, senón innovadoras e punteiras pezas, facilmente tocables por músicos contemporáneos.   

Mediante este proxecto realizáronsereplicas de instrumentos medievais que aparecen reflectidos en esculturas en pedra de emblemáticos lugares como Pórtico da Gloria, a Catedral de Lugo ou o Pazo de Xelmírez, así como planos necesarios para construír instrumentos medievais para músicos contemporáneos.   

Cómpre destacar que os profesionais do Centro de Artesanía e Deseño xa foron os autores das, neste caso, réplicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria que acolle as instalación do CENTRAD na capital lucense, nunha mostra punteira en Europa. Ademais, a Deputación prestou estes instrumentos a profesionais como Carlos Núñez para os seus concertos, e a institucións para mostras como a do Pergamiño Vindel, que hoxe está en Vigo e conta con 3 destas pezas do CENTRAD.   

Con este pioneiro iniciativa, ofrecéronse aos mellores profesionais 6 obradoiros gratuítos, impartidos por reputados Luthiers, para aprender a construír estes instrumentos medievais adaptados aos século XXI, que xorden das investigacións dos mestres artesáns da Deputación de Lugo. E é que debido á súa alta especialización, estes obradoiros están dirixidos a profesionais.


Antonio Franco

Antonio Franco, Mestre artesán do Obradoiro de instrumentos musicais ó que se incorporou como alumno no ano 1986. Durante estes anos constrúe e participa na produción de zanfoñas, gaitas, e instrumentos de percusión, e mantén unha colaboración activa nos proxectos desenvolvidos tanto de construción como na formación de artesáns.   


Seis obradoiros 

 Este proxecto, coordinado por Luciano Pérez, mestre artesán do CENTRAD, remata con este obradoiro de zanfoña.  Dende outubro que comezou o 1º obradoiro de  GIGA e de Rota dirixido por un dos mellores luthiers do mundo, Christian Rault,seguiron os deviola oval con arco deXermán Arias, e os de Citola e Viola oval (II), impartidos por Antonio Franco Carreira. O cadro de profesionais queparticipanos obradoiros de construción está composto por artesáns e Luthiers de grande recoñecemento no sector e cunha ampla traxectoria no eido da recuperación de instrumentos musicais medievais. Departamento de comunicación    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias