El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "Os socialistas estamos recuperando músculo"

06-03-2018 19:04:51
José Luis Ábalos e Gonzalo Caballero (d).

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que “os socialistas estamos recuperando músculo e forza para ter un partido revitalizado e fortalecido” de cara ás eleccións municipais.   

Así o dixo ante os xornalistas tras manter unha reunión de traballo co secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, quen chegou onte a Galicia no marco das súas visitas ás distintas federacións socialistas coa vista posta nos comicios de 2019.   

Nese senso, o líder dos socialistas galegos valorou a “posición de cooperación absoluta” e a “plena sintonía” entre a executiva federal e a galega para orientar o proceso de designación dos candidatos, que variará en función do tamaño dos municipios.   

No caso das cidades de máis de 50.000 habitantes, nas próximas semanas a dirección do PSdeG comunicará á executiva federal o calendario que seguirá para a elección dos candidatos, mentres que os concellos de menor tamaño terán un proceso diferenciado.   

Iso si, o que deixou claro Gonzalo Caballero é que “a norma” é apostar polos alcaldes e alcaldesas para que volvan a concorrer ás eleccións nos seus respectivos municipios.


"Nas condicións adecuadas"

Tamén José Luis Ábalos falou do calendario “propio e singular” que haberá de marcar o PSdeG para a designación dos candidatos nas sete cidades galegas e recalcou que existe “plena sintonía” entre a dirección federal do PSOE e a galega.   

Máis aínda, resaltou que ve ao equipo encabezado por Gonzalo Caballero “con ilusión e ganas de traballar para dar un xiro progresista e útil” a Galicia.   A ese respecto, o secretario xeral do PSdeG apuntou que o partido está “nas condicións adecuadas para encarar as eleccións municipais con forza” e coa “capacidade de ser alternativa á dereita e aos gobernos que non funcionan”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias