El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Tellado: "O PPdeG “cre que a política só se enriquece desde o diálogo construtivo"

10-03-2018 17:26:03
II Torneo de Debate do PPdeG.

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, participou hoxe no II Torneo de Debate do PPdeG onde reivindicou que a súa formación “cre que a política só se enriquece desde o diálogo construtivo”. 

Acompañado polo portavoz parlamentario do partido, Pedro Puy, animou aos participantes a defender con unllas e dentes as súas ideas fronte a aqueles que queiran impoñer as súas. Por este motivo instounos a amar o debate e o intercambio democrático de ideas, a saber construír os seus argumentos e defendelos diante de quen sexa; e a estar abertos a escoitar a quen pensa diferente e aprender del.   

“Por riba de todo, o que vos pido é que nunca perdades a rebeldía, o orgullo e a liberdade  de aprender cada día, de mellorar cada día, e de defender cada día as nosas ideas e os nosos valores”, remarcou.   

Así mesmo, Tellado apuntou que en tempos de populismo, de demagoxia e de política feita a golpe de “zasca” en Twitter, “apostar polo debate nun formato académico é toda unha declaración de intencións”. “A declaración de que a este partido lle gusta a política  baseada no rigor, na seriedade e nos datos; de que este partido cre que a política se enriquece desde o diálogo, no intercambio de ideas que serve para construír; e de que este é un partido aberto, que non ten medo a enfrontarse á actualidade, a analizala, a discutila e a traela aos nosos foros internos”, subliñou.   

Por outra banda, o secretario xeral lamentou que non todas a formacións sexan como o PP, senón que “hai  partidos en Galicia que cren que debater é insultar día si e día tamén á maioría do Parlamento, que representa á maioría dos galegos; que cren que debater é acabar as súas asembleas a patadas; ou que consideran que debater é  querer impoñer con seis deputados os seus postulados ao conxunto dos galegos”. “Pero nós non somos así”, engadiu Tellado, destacando que os populares cren na palabra que constrúe, e non na que destrúe; naque convence, non na que impón; e na que avoga pola liberade e non se limita a repetir o pensamento único.    

Durante a súa intervención, o número dous dos populares galegos tamén precisou que o PPdeG é un partido inconformista “porque dedicamos moito tempo a pensar en aquilo no que debemos mellorar, e en xeitos para melloralo”. “Por iso estamos todos aquí”, sentenciou, lembrando que o neste evento danse cita máis dun cento de persoas, entre participantes e xuíces e que, se xa o ano pasado foi un éxito, en 2018 aínda suscitou máis interese. Departamento de comunicación    





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias