El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

ARBO

Xuntanza da Irmandade de Cabaleiros da Lamprea

12-03-2018 16:48:11
XXXVIII xuntanza.

Coa presenza do alcalde de Arbo, Horacio Gil,  como convidado a Ilma. Irmandade de Cabaleiros da Sta. Lamprea, celebrouse o pasado sábado a súa XXXVIII xuntanza. Con esta son trintaeoito as edicións desta celebración que leva a esta xenuína irmandade a peregrinar a Arbo  todos os anos para declarar a súa devoción á lamprea. 

Como ven sendo habitual, a xornada comezou coa xuntanza na parroquia de Cabeiras, seguida da xa tradicional baixada ao río, onde todos os anos depositan unha mensaxe nunha botella no que se recollen os desexos para o vindeiro ano que arroxan ao curso do Miño. 

Despois celebrarían unha misa en memoria dos irmás xa finados.  Antes de comezar coa degustación da lamprea nas súas diversas preparacións (estilo Arbo, asada e rechea) os novos lampreiriños, aquelas persoas que desexan incorporarse á Irmandade, tiveron que demostrar a súa devoción á lamprea e a súa fidelidade aos principios da Irmandade.  

A Ilma. Irmandade de Cabaleiros da Sta. Lamprea, naceu hai corenta anos, froito da veneración dun grupo de fieis por este singular peixe, que eleva a degustación deste manxar a un estadio cuasi místico. Así o manifesta o alcalde, Horacio Gil, que agradece a invitación para copresidir esta entrañable xornada de convivencia, así como o traballo desenvolvido por este grupo de amigos en favor da Lamprea de Arbo. Departamento de comunicación         





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias