El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Más noticias

XUNTANZA DE ATENEOS

Santiago de Compostela albergará a xuntanza dos Ateneos

13-03-2018 19:53:25

Santiago.- O Ateneo de Santiago convoca o xoves 15, ás 16:00 horas, na Praza de Salvador Parga 4, 2º andar, unha reunión entre Ateneos galegos, contando coa presenza dos representantes do Ateneo de Ferrol, Ourense, Pontevedra, Vigo e Marín. 

Desde modo, a organización cultural pretende firmar un convenio para así tratar os problemas comúns que poidan ter as diferentes sedes ateneístas, contando con varias sesión de traballo. Tamén se falará dos obxectivos que deben perseguir, sendoiguais en moitos casos, e o traballo colaborativo que se pode facer para acadar as metas propostas. 

Entre os obxectivos destacan a promoción e difusión da educación, ciencia e cultura; a penetración do valores democráticos nasociedade civil, a difusión, desenvolvemento e control do exercicio dos dereitos humanos, cívicos e sociais e a contribución á mellora do coñecemento dos grandes problemas orixinados no ámbito da globalización nos planos social, medioambiental,económico e político-institucional. 

Este acto é parte das iniciativas que está facendo este ano o Ateneo de Santiago, en conmemoración do X Aniversario da organización. Entre outras actividades anteriores atópanse conferencias como as de Ramsés Gallego e Juan Luís Arsuaga, cunha gran acollida entre o público, debido á gratuidade de tódalas conferencias feitas polo Ateneo e aointerese suscitado pola fama dos conferenciantes, expertos mundiais nos seus ámbitos. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias