El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG apela a mobilizarse en defensa do sistema público de pensións

14-03-2018 17:37:59
En defensa do sistema público de pensións.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a continuar coas mobilizacións en defensa do sistema público de pensións e, nesa liña, apelou a todos os cargos e militantes do partido a secundaren as concentracións previstas para o próximo sábado por todo o territorio galego.   

E é que, como advertiu o líder dos socialistas galegos, a dereita está “atacando” ao sistema público de pensións, pois rachou co Pacto de Toledo e négase a revalorizar as pensións nun momento en que as cifras macroeconómicas amosan tasas de crecemento positivas. Por iso o PSOE lle esixiu onte mesmo ao goberno da dereita a revalorización das pensións no Congreso, e contou cunha maioría parlamentaria que aprobou esta proposta fronte a un PP que “se esqueceu dos pensionistas”.   

Ante a nova negativa de Rajoy a asumir este mandato, que tamén lle están facendo chegar milleiros de cidadáns nas rúas, Gonzalo Caballero animou a toda a sociedade galega a dicirlle “alto e claro” ao PP que “entenda cales son as prioridades do país”.   

“Nunha Galicia con taxas de avellentamento comparativamente máis altas e con pensións máis baixas que no conxunto do Estado, a revalorización das pensións é prioritaria para as galegas e galegos", subliñou o secretario xeral, quen instou a "que Feijóo abandone a Rajoy en materia de pensións e se poña do lado dos pensionistas galegos".   Sobre todo, como dixo, porque este “ataque ao sistema de benestar” non pode quedar sen resposta, de xeito que a executiva do PSdeG estará presente nas distintas concentracións e manifestacións de confluencia convocadas para o día 17.   


Alternativa de futuro para asl pensións  

“Os socialistas defendemos un sistema público de pensións fronte a un PP que baleirou a hucha das pensións e promociona plans de pensións privados”, advertiu Gonzalo Caballero.   

Os socialistas temos presentado medidas e propostas de futuro cara un novo modelo laboral que permita salarios e pensións dignas, e a incorporación dun imposto á banca e ás transaccións financeiras que permita contribuír ao financiamento das pensións.   

”É necesario frear os plans da dereita”, concluíu o líder do PSdeG, antes de apelar á cidadanía para que acuda o sábado a esixir “unhas pensións dignas” en consonancia coa “recuperación económica que proclama Rajoy”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias