El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA | PESCA

Comeza a tempada de pesca en Galicia

18-03-2018 12:28:06

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, visitou esta mañá o Couto de Ponte Liñares, con motivo do inicio da tempada de pesca fluvial, que este ano arranca con máis de 40.000 licencias emitidas en 2018.

Díaz López recordou que unha das novidades desta tempada é que se crea unha zona de adestramento de lance no Couto de Couso, para todas as persoas que teñan a licenza en vigor. Unha vez rematada a tempada, establécense dous períodos, do 1 de outubro ao 30 de novembro entre as 10 e as 18 horas e, o segundo, do 1 de febreiro ao 30 de abril dende as 08:30 horas ás 19:30 horas, permitíndose o adestramento de martes a domingo, sendo os luns o día da semana inhábil para o adestramento.

A directora destacou que esta medida é unha ferramenta que permitirá o acceso dos pescadores que o soliciten para adestrarse unha vez remate a temporada de pesca, sendo beneficiosa para os pescadores, para o fomento da pesca sen morte e para as iniciativas empresariais da zona.

Outra das novidades que recolle a orde deste ano é un réxime especial de pesca para a celebración do XXII Campionato de España Salmónidos Mosca Xuventude, que se celebrará nos coutos de Xallas e Verdes nos días 12, 13 3 14 de xullo.

De acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial (Decreto 130/1997, do 14 de maio) e tal e como establece a normativa pola que se regula a pesca das distintas especies nas augas continentais de Galicia para o 2018, a tempada rematará o vindeiro 31 de xullo, con carácter xeral. Tamén se mantén, con carácter xeral, que os luns se declaran inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves laborais da tempada poderase pescar, pero unicamente na modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto na xornada do 29 de marzo, Xoves Santo, e o 17 de maio (Día das Letras Galegas) que serán hábiles segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.

Nos coutos de salmón de Betanzos, Frieira e Monteporreiro, e nos coutos de pesca intensiva da Ulloa e O Carballiño (tramo 2), serán inhábiles os xoves a todos os efectos, excepto os días 29 de marzo e 17 de maio. Nos tramos do río Eo e Navia compartidos con Asturias serán inhábiles os luns e mais os xoves, agás festivos nacionais.

Nas zonas de desembocadura e mais nos encoros en que se autoriza a pesca de ciprínidos autóctonos durante todo o ano serán hábiles todos os días da semana para a captura de especies distintas dos salmónidos, sen obriga de practicar a pesca sen norte en ningún caso.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias