El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación axuda a ser autónomos a 27 lucenses con Síndrome de Down

20-03-2018 18:08:47
A Deputación, coa Asociación Síndrome de Down Lugo.

Lugo.- O Goberno da Deputación súmase aos actos organizados pola Asociación Síndrome de Down Lugo con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down, que se celebra o mércores, en referencia á triplicación do cromosoma 21, que se traduce na condición xenética desta doenza. Deste xeito, o Executivo Provincial iluminará este mércores de cores azul e amarelo as fachadas do Pazo de San Marcos e do Fogar de Santa María, simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas persoas e familias afectadas polo Síndrome de Down.Ademais, a TIC da Deputación elaborou un vídeo promocional, onde se recolle toda a actividade que realiza este colectivo na provincia de Lugo, que se proxecta no mupi de San Marcos.   

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo destacou que “dende o Goberno Provincial traballamos por unha Deputación sumamente social e coas persoas, que defende a igualdade de oportunidades de todos os nosos veciños e veciñas. Por iso, queremos, xunto ás familias de Down Lugo, reivindicar e concienciar á cidadanía sobre as capacidades diferentes que temos todas as persoas por igual”.   

O Executivo Provincial colabora coa Asociación Síndrome de Down Lugo cunha achega económica de 12.000 euros para a realización do programa de promoción da autonomía persoal e social co fin de que 27 lucenses con Síndrome de Down teñan unha vida máis independente fóra dos seus fogares. A través deste plan os usuarios, coa axuda de profesionais, aprenden e adquirir habilidades e coñecementos básicos para desenvolverse con autonomía  tarefas de ámbito doméstico, como por exemplo facer a compra semanal, cociñar, poñer unha lavadora, etc.   

Ademais deste plan, o Goberno da Deputación tamén colabora con Down Lugo no desenvolvemento e promoción de diferentes iniciativas, como campañas de sensibilización na cidadanía ou exposicións fotográficas. 


Programación de actividades

A Asociación Síndrome de Down Lugo, coa colaboración do Executivo Provincial, organiza para este vindeiro mércores un percorrido polo centro da capital lucense, que comezará ás 20:30 horas, diante do Pazo de San Marcos, e rematará coa lectura dun manifesto na zona da Mosquera. Fano co obxectivo de visibilizar ás persoas e familias con Síndrome de Down da provincia de Lugo. 


Down Lugo

A Asociación Síndrome de Down de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Lugo, que integra a persoas con Síndrome de Down e ás súas familias. O obxectivo principal da asociación é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down, a través da súa plena integración social. A Asociación foi creada no ano 1996 por iniciativa dun grupo de pais de persoas con Síndrome de Down, comprometidos coa procura de solucións aos problemas particulares que leva esta discapacidade. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias