El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pedro Sánchez participará nunha asemblea aberta na Coruña

21-03-2018 19:29:27
Pedro Sánchez, en una Asamblea Abierta.

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, participará o xoves co secretario xeral de Galicia, Gonzalo Caballero, nunha asemblea aberta sobre o futuro do sistema público de pensións na cidade da Coruña.   

Este encontro con militantes e coa sociedade en xeral terá lugar ás 18,00 horas en Palexco, e enmárcase no percorrido que Pedro Sánchez está realizando por distintas cidades españolas para expoñer as propostas dos socialistas e coñecer de primeira man os plantexamentos dos cidadáns e das cidadás.   

Ambos os dous líderes socialistas abordarán a sustentabilidade do modelo ante a negativa do Goberno a subir as pensións na mesma medida que o fai o IPC.   

A visita do secretario xeral do PSOE chega poucos días despois dunha nova mobilización dos pensionistas que foi multitudinaria en toda España e que, en Galicia, reuniu a milleiros de persoas en 13 puntos da comunidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias