El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

GALICIA

A Xunta aprobará un Plan de conciliación e corresponsabilidade

21-03-2018 20:16:18

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou hoxe que a Xunta aprobará en próximas datas o I Plan de conciliación e corresponsabilidade, o primeiro dunha Comunidade Autónoma.

Nunha intervención no Parlamento galego, explicou que este plan se baseará en cinco áreas estratéxicas de actuación: sensibilización da sociedade en materia de conciliación; programación educativa dirixida á eliminación de estereotipos de xénero; potenciación dun cambio cultural no uso dos tempos e racionalización horaria; consolidación dos cambios acontecidos en materia de conciliación; e provisión de recursos de apoio e medidas económicas para facer compatible a actividade laboral e o coidado das persoas.

Ademais, avanzou tamén que a Xunta acometerá unha avaliación do primeiro ano de execución do VII Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020. Esta folla de ruta, que se aprobou en marzo do ano pasado, recolle máis de 250 medidas concretas, cun orzamento de 391 millóns de euros, un 77% máis que o plan anterior.

O vicepresidente sinalou que todas estas iniciativas inscríbense na aposta da Xunta por avanzar cara a unha sociedade na que a igualdade entre homes e mulleres sexa real e efectiva, un camiño no que xa se ten avanzando nos últimos anos.

Así, puxo en valor algunha das iniciativas xa postas en marcha como as axudas á redución de xornada de homes para fomentar a corresponsabilidade; a implantación de medidas de flexibilidade horaria e teletraballo na Administración autonómica; a aprobación do decreto que regula a formación en igualdade do persoal da Administración autonómica; as medidas tomadas no entorno educativo; a posta en marcha do Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero; a aprobación do plan Emprega en feminino; ou o incremento das prazas de escolas infantís ou das prazas públicas destinadas á dependencia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias