El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Medio Ambiente ensina aos escolares as principais claves da xestión dos recursos hídricos

22-03-2018 13:08:56
Talleres de sensibilización ambiental.

Porto do Son (A Coruña).- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio quere trasladar aos escolares galegos as principais claves da xestión dos recursos hídricos. Este é un dos obxectivos fixados por Augas de Galicia para conmemorar o Día Mundial da Auga -que se celebra hoxe-, polo que ao longo desta semana se organizaron diferentes talleres de sensibilización ambiental en diferentes centros educativos da Comunidade.   

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, participou hoxe no taller organizado no centro Santa Irene de Porto do Son, onde recoñeceu que é necesario trasladar aos máis novos aspectos relativos á contaminación e depuración de augas residuais urbanas para acadar o reto de conservar os recursos hídricos.   

Nos talleres, explícase aos alumnos dun xeito ilustrativo como é o ciclo urbano da auga, desde a súa captación nun río ou embalse, a potabilización, o uso que se fai nos fogares e por último, a súa depuración antes de devolvelo ao medio. No taller traballan con dous bidóns para recrear o ciclo urbano da auga e para facerlles ver que os xestos máis sinxelos da vida cotiá pode contaminar os recursos hídricos, como botar bastoncillos, cueiros ou toallitas polo inodoro, aceites polo fregadoiro....   

Rodríguez Martínez tamén advertiu aos rapaces da fraxilidade dos sistemas hídricos, que no caso de Galicia- Costa están en situación de prealerta por seca, tras rexistrar cinco estacións secas continuadas; polo que é necesario reflexionar sobre a importancia de dispor de auga día a día.   

Indicou que é unha responsabilidade de todos facilitar que as xeracións futuras poidan medrar co privilexio de gozar dos abundantes recursos hídricos da Terra. Nese sentido, apuntou que o lema para conmemorar o Día Mundial da Auga deste ano, A resposta está na natureza é moi acertada, dado que coidando os ecosistemas naturais e empregando a auga con responsabilidade, isto garantirá que poidamos gozar de auga agora e no futuro.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias