El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

A Xunta presenta os instrumentos de apoio á innovación a estudantes da USC

22-03-2018 20:27:57

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde en Santiago de Compostela nun ciclo de seminarios sobre innovación organizado polo Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela cun relatorio sobre os programas de apoio á innovación en Galicia e o papel de Gain.

Argerey presentou as liñas estratéxicas do Plan Galicia Innova 2020, que aspira a consolidar Galicia como un territorio para innovar co obxectivo de garantir a competitividade da nosa economía e a capacidade da sociedade galega para responder aos retos globais e sociais, cun investimento público-privado asociado de máis de 1775 millóns de euros.

Para cumprir esta misión, o Plan contempla tres grandes áreas de acción estratéxica: situar Galicia á vangarda do coñecemento excelente e transferible; apoiar o talento e as capacidades en I+D+i; e potenciar a innovación empresarial e o emprendemento. Argerey tamén presentou o novo instrumento previsto no Plan para dinamizar a innovación, os Hubs de Innovación Dixital. Os Hubs son un novo modelo de colaboración, integrados por todos os axentes do Sistema galego de innovación, que permitirán avanzar na especialización de Galicia nas súas prioridades estratéxicas e aumentar a cohesión do sistema de innovación.

A directora de Gain amosou tamén o mapa de apoios da Xunta de Galicia dirixidos a todos os axentes do sistema de I+D+i en todas as etapas da actividade investigadora e innovadora. Finalmente, a directora da área de Programas da Axencia, María Luisa Boquete, introduciu ao público nun instrumento novidoso de contratación, a Compra Pública Innovadora, na que Galicia é referente e pioneira a nivel estatal.

De feito, a nosa Comunidade recibiu en dúas ocasións o Premio Nacional de Innovación nesta modalidade e executou o 40% do investido en Compra Pública Innovadora en España no periodo 2007-2013. Este instrumento supón un cambio de paradigma no apoio á innovación, xa que a Administración actúa como cliente impulsor da innovación dende o lado da demanda, como no caso do Polo Tecnolóxico e Industrial de Rozas, exemplo de proxecto de Compra Pública Innovadora impulsado pola Xunta de Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias