El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

O INE confirma que a economía galega medrou un 3,1% en 2017

23-03-2018 17:27:15

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de confirmar que a economía galega conseguiu consolidar no ano 2017 un forte ritmo de crecemento, xa que o PIB de Galicia acadou un crecemento interanual do 3,1%, segundo mostran os datos de Contabilidade Rexional publicados esta mañá. Ademais, este dato coincide co avanzado a principios de mes polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

O dato do INE indica que Galicia igualou o crecemento da economía española no ano 2017 e medrou 0,7 puntos máis que a Unión Europea, que acadou un crecemento medio do 2,4% o pasado ano. Isto supón que en 2017 Galicia continuou avanzando no proceso de converxencia co resto de Europa.

Ademais, Galicia mantense entre as comunidades autónomas con mellor comportamento do PIB desde que empezou a recuperación económica. Segundo o INE, Galicia é a terceira comunidade que máis medrou nos últimos tres anos –entre 2015 e 2017–, cun crecemento medio do 3,62%, case catro décimas máis que a media española (3,25%). Isto ratifica que a economía galega está a acadar un comportamento mellor do previsto no Plan Estratéxico de Galicia, que estima un crecemento medio do 2,5% no período 2015-2020.


O PIB per capita máis alto da serie histórica

A Contabilidade Rexional do INE tamén inclúe os datos sobre a evolución do PIB por habitante. No caso de Galicia, o PIB per capita en 2017 aumentou un 4,4% ata situarse nos 22.497 euros, o máis elevado de toda a serie histórica.

Ademais, o PIB por habitante de Galicia supón xa o 90,0% da media española, o que tamén supón a taxa máis elevada de toda a serie histórica. Hai que ter en conta que, segundo o INE, este indicador situábase no 77,6% no ano 2000 e ata agora, a taxa máis elevada correspondíase co ano 2016 (89,5%).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias