El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

A Xunta eleva a subida salarial para os funcionarios de xustiza de 300 euros ao mes

07-04-2018 11:56:06

A Xunta de Galicia quere reiterar unha vez máis a súa disposición a dialogar e negociar cos sindicatos de Xustiza para poñer fin á folga nos xulgados galegos, pero sempre dentro do marco do escenario económico plantexado na última oferta, que suporía unha suba de soldo de arredor de 300 euros ao mes a cada funcionario.

Esta última proposta da Administración autonómica aos sindicatos da Administración de Xustiza representa un aumento de soldo para os traballadores da Administración da Xustiza en Galicia de en torno a un 14%, ao sumar á oferta da Xunta o incremento acordado a nivel estatal para os vindeiros tres anos.

Este incremento, que sitúa aos funcionarios galegos como os quintos mellor pagados, complementaríase tamén cunha cláusula que lles garantiría cobrar sempre por riba da media do resto de traballadores. Deste xeito, dáse tamén cumprimento ao acordado no Parlamento.

Hai que ter en conta que, ademais da suba retributiva, desde o Goberno galego tamén se propuxeron outras melloras importantes que redundan tanto en beneficio dos traballadores como da cidadanía do seu conxunto. Así, ofreceuse a creación de 36 novas prazas e de 7 prazas de psicólogo nos servizos de atención ás vítimas; unha suba salarial a través dun complemento para os traballadores dos xulgados de violencia de xénero; e a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias