El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

TRANSPORTE METROPOLITANO

A Xunta lamenta as trabas do concello da Coruña ao Plan de entrada dos autobuses ao centro da cidade

10-04-2018 20:26:38

A Xunta de Galicia lamenta as novas trabas que pon o Concello da Coruña ao Plan de acceso dos autobuses ao centro da cidade e que, nesta ocasión, prexudican aos veciños dos concellos de Miño, Betanzos e Ordes. Na xuntanza da comisión bilateral de seguimento do Plan que tivo lugar esta mañá, o edil de Mobilidade trasladou a negativa da Administración local á proposta do Goberno galego de unificar a entrada das 14 liñas que faltan por incorporarse ao Plan, unha vez acreditado o seu éxito e a nula incidencia no tráfico.

Debido a esa negativa á unificación do Concello da Coruña, a terceira fase do Plan porase en marcha este mesmo mes, o vindeiro 30 de abril, mentres que a cuarta e última non poderá ser activada antes de finais do mes de maio.

A programada como terceira fase do Plan de acceso dos autobuses ao centro da Coruña está composta por seis liñas, das cales catro xa veñen accedendo e realizando paradas no no núcleo urbano antes das nove da mañá.

Na xuntanza da comisión de seguimento celebrada hoxe, os técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda comunicáronlle aos representantes do Concello da Coruña o inicio dos trámites para introducir diferentes modificacións no Plan en marcha.

Así, está previsto someter a un proceso de información pública unha modificación destinada a modificar o itinerario de entrada dos autobuses procedentes de Arteixo, co obxectivo de unificar a súa parada na Praza de Pontevedra, a diferencia da situación actual, na que uns se deteñen nese lugar outros o fan en Entre Xardíns.

A Xunta xa formulou esta modificación, que se entende beneficiosa para os usuarios, nunha anterior xuntanza da comisión de seguimento, pero non foi respaldada polo Concello da Coruña, polo que se decidiu sometela a un novo proceso de información pública previo á súa aprobación.

Ese proceso incluirá tamén outros axustes, entre elas a proposta da Xunta para o reforzo dos autobuses de conexión da cidade co aeroporto de Alvedro para dar resposta aos viaxeiros usuarios dos primeiros e últimos voos do día.

O Plan de entrada dos autobuses ao centro da Coruña é unha iniciativa do Goberno galego posta en marcha para mellorar o transporte público na comarca, eliminando transbordos co autobús urbano.

Os datos dos seus cinco primeiros meses de funcionamento acreditan un incremento do uso do autobús interurbano, con máis de 300.000 usuarios das liñas que acceden ao centro- A iniciativa, que responde a unha demanda dos veciños da comarca, fomenta o uso do transporte público e reforza o papel da cidade como centro de actividade económica, comercial e social.

A entrada dos buses ao centro enmárcase no Plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia na Coruña, renovado a semana pasada co acordo unánime de todos os concellos e cunha achega autonómica de 3,8 millóns de euros para 2019.

En resposta aos xornalistas durante unha rolda de prensa sobre seguridade viaria celebrada hoxe, a conselleira de Infraestrutura e Vivenda, Ethel Vázquez, convidou ao Concello da Coruña a implicarse na mellora do transporte público que impulsa a Xunta, empezando por formular “propostas concretas” en lugar de poñer por diante a creación dun “consorcio baleiro”.

Nese sentido, a titular de Infraestruturas sinalou que a creación dun consorcio, isto é, dunha nova estrutura administrativa, non mellora o transporte público “por arte de maxia”, senón que cómpre empezar por definir propostas “concretas e completas”.

Ethel Vázquez emprazou tamén ao Concello da Coruña a compartir coa Xunta o resultado do traballo da empresa que ten contratada para a reordenación dos servizos de autobús na cidade e a na comarca a Coruña, a maioría dos cales son de competencia da Administración autonómica. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias