El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Presentado a Carreira de Montes de Viveiro

12-04-2018 13:27:25
Presentación da Carreira de Montes de Viveiro.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron hoxe a Carreira de Montes de ViveiroCAMOVI 2018, que terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de abril no municipio mariñán, co apoio do Goberno da Deputación e do Concello de Viveiro. 

O Executivo Provincial decidiu achegar3.000 euros para a celebración deste evento deportivo,posto que xera un importante retorno económico para a localidade polo número de persoas que reúne, entre corredores e acompañantes. No acto tamén participou Pedro Esmorís García, Director Técnico da CAMOVI, e María Luz Abella, Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, a quen se lle fixo entrega dun talón donativo, pois os fondos recadados a través das inscricións nos adestramentos da carreira serán entregados á mencionada Asociación.   
Rivera Capón subliñou que “esta competición converteuse no referente das carreiras por montaña en Galicia. Nestes intres xa hai máis de 480 inscritos e a previsión é que se chegue ao medio millar de participantes durante a fin de semana competindo nas diferentes probas programadas.

A esta cifra hai que engadir os familiares e acompañantes que se achegarán a Viveiro durante os dous días, e que poderán gozar da maxestuosidade das súas paisaxes e da cálida acollida das súas xentes”.   

O Deputado de Deportes engadiu que “sen dúbida, trátase dun atractivo reto polos montes máis elevados de Viveiro, desde onde se poden contemplar as mellores vistas do Val do Landro e a Ría de Viveiro.Estamos seguros de que os participantes que nos visiten chegados de toda a xeografía galega e localidades limítrofes quedarán con ganas de repetir e volver a Viveiro en novas ocasións”.   

Pola súa parte, Loureiro García agradeceu “o compromiso da Deputación co noso Concello e a vontade de colaboración que sempre nos atopamos cando propoñemos iniciativas e actividades coas que promover a nosa economía e o turismo na comarca como é esta Carreira de Montes, que non me cabe dúbida repetirá o éxito de pasadas edicións. Non en vano, as reservas nos hoteis e casas rurais da zona incrementáronse notablementedurante a citada fin de semana con motivo da competición”.


Adestramentos solidarios

Nas últimas semanas tiveron lugar catro adestramentos non competitivos para coñecer os percorridos da CAMOVI.Os fondos recadados coas inscricións teñen unha finalidade benéfica, pois serán entregados integramente á Asociación Española Contra o Cancro para o desenvolvemento da súa importante labor social. Estes adestramentos foron adaptados a todos os públicos. Segundo o nivel físico os corredores dividíronse en dous ou tres grupos, de tal forma que mesmo os máis lentos foron sempre acompañados por un guía da organización.   
O primeiro adestramento tivo lugar o 28 de xaneiro,os participantes saíron da  Praza  Maior de Viveiro e chegaron ao mesmo sitio. O segundo foi o 18 de febreiro, con saída da  Praza  Maior de Viveiro e chegadaa “A  Feira de  Galdo”. O terceiro, o 11 de marzo con saída de “A  Feira de  Galdo”, a uns 5 quilómetros de Viveiro e chegada a Naseiro a uns 6 quilómetros de Viveiro. Finalmente, o derradeiro adestramento tivo lugar o 1 de abril con saída de Naseiro e chegada a Viveiro.


Seis probas para todos os públicos

A Carreira de Montes de Viveiro contará con 6 probas aptas para todas as idades. Deste xeito, durante a xornada do domingo haberá un percorrido de 42 quilómetros, outro de 21 quilómetros, un circuíto de 10 quilómetros e unha andaina popular de 11 quilómetros. O sábado, a partir das 11:00 horas, terá lugar unha proba infantil (para nenos de ata 6 anos) cun percorrido de 100 metros. Así mesmo, tamén haberá unha proba de 45 quilómetros repartidos en dúas etapas: o sábado (24 quilómetros) e o domingo (21 quilómetros). Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias