El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

VIGO

A Xunta dá luz verde a cofinanciar os accesos á estación intermodal e o Centro Vialia en Vigo

12-04-2018 15:53:34
Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Consello da Xunta acaba de dar luz verde á cofinanciación con 1,7 millóns de euros dos accesos á estación intermodal e o Centro Vialia en Vigo. Logo de dous anos de espera, Feijóo valorou na rolda de prensa do Consello a decisión do Concello de implicarse, por fin, no proxecto, cunha proposta de accesos que implica unha reordenación urbana e un traballo técnico complexo.

O responsable autonómico subliñou que tanto a Xunta como o Ministerio de Fomento colaborarán economicamente coa execución destes accesos, a través da sinatura dun convenio de colaboración entre a Administración autonómica, o Concello e o Adif para cofinanciar os accesos á estación intermodal e ao Centro Vialia. Esta actuación contará cun investimento conxunto de máis de 10,7 millóns, nos cales a Xunta porá unha parte (1,7 millóns), malia non entrar dentro das súas competencias. Así, o investimento total do Goberno galego na intermodal de Vigo ascende xa aos 14 millóns, sumando isto aos 12,3 millóns para a propia estación.


Vía subterránea entre a rúa Lepanto e a AP-9

Feijóo precisou que o obxectivo fundamental desta actuación é eliminar o tapón que supón para o tráfico urbano o paso inferior do viaduto de acceso á AP-9, pola rúa Alfonso XIII. A solución que se formula é unha vía subterránea que comunique a rúa Lepanto coa AP-9 e que pase baixo a praza da estación e a parcela na que se situará a terminal de autobuses.

Nesta liña, o presidente da Xunta resaltou o compromiso do Goberno galego de executar os ramais de conexión entre a estación de autobuses e a autoestrada AP-9, as instalacións e balizamentos.

Cómpre lembrar tamén que, pola súa banda, o Ministerio de Fomento está a ultimar o encaixe técnico dos accesos no proxecto conxunto que supoñen as dúas estacións e o Centro Vialia, xa que sen integrar os accesos non se pode tramitar a autorización urbanística.

Feijóo referiuse á estación intermodal como un novo exemplo de colaboración entre o Goberno central e a Xunta para garantir o progreso de Vigo, como se está a facer coa Cidade da Xustiza, co Campus do Mar e como se fixo coa nova depuradora.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias