El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG acada o apoio unánime da asemble da ALE

14-04-2018 11:53:13
A portavoz nacional, Ana Pontón.

Bruxelas.- O Bloque Nacionalista Galego acadou o respaldo unánime de todos os partidos participantes na asemblea da Alianza Libre Europea para que Galiza forme parte do corredor atlántico das redes transeuropeas de transporte e así llo esixirá á Unión Europea e ao Estado español. Decidiuno así a asemblea despois de que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendesea importancia estratéxica de que os portos galegos teñan conexión cos portos máis importantes de Europa. 

Na súa intervención, Ana Pontón destacou que a exclusión de Galiza desta rede, “un disparate”, prodúcese despois de que o propio goberno español se comprometera “xustamente a facer o contrario” e considerou que esta discriminación é “un hándicap moi importante para o desenvolvemento da nosa economía e para a súa modernización”. 

En consecuencia, nun primeiro punto da declaración aprobada hoxe, a ALE denuncia a exclusión de Galiza como nación atlántica en virtude dunha “decisión política tomada polo goberno español que implica o incremento da posición periférica de Galiza e que discrimina as nosas infraestruturas en relación co resto de Europa”. 

Para o BNG, Galiza é un país rico que padece a discriminación dun modelo centralista “que nos condena a non poder desenvolver os nosos sectores produtivos e a ter paro, precariedade e emigración”. Ademais, a exclusión de Galiza é un disparate porque o corredor atlántico de mercadorías vai pasar por Madrid, que está a 600 km da costa atlántica e Galiza, que é unha nación atlántica vao quedar excluída. “É como se o corredor Mediterráneo de mercadorías pasara por Madrid e non por Barcelona”.


Rectificación "canto antes"

“Cremos que é importante superar esta situación, porque pola nosa economía e pola nosa posición xeográfica o transporte de mercadorías é un elemento que inflúe na competitividade dos nosos portos, que necesitan estar conectados cos portos máis importantes da Unión Europea para ser competitivos e poder crear riqueza no noso país”, subliñou Ana Pontón. 

Nesta liña, a ALE esíxelle tanto á Unión Europea como ao Estado español que rectifiquen esta decisión “canto antes”, posto que Galiza é unha “nación atlántica natural”. Para acadalo trasládalle esta demandaás institucións europeas e á Conferencia de Rexións Periféricas  e Marítimas, ao Arco Atlántico e á Comisión de Transporte do Parlamento Europeo. 

Segundo destacou Ana Pontón tras a aprobación da resolución, “para Galiza é un gran paso acadar este apoio da ALE e sumar voces de representantes de 46 nacións sen Estado de toda Europa”. Ao seu xuízo, esta decisión amosa asemade “a esperanza de mellorar a situación mediante un nacionalismo emancipador e que constrúe”, fronte ao modelo neoliberal imperante. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias