El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación lanza #Zeroadiccións

17-04-2018 21:13:07
Presentado o programa #Zeroadiccións.

A Coruña.- A área de Benestar Social, Educación e Igualdade da Deputación da Coruña presentou está mañá o seu novo programa de prevención de adiccións destinado á poboación adolescente, co ánimo de erradicar o consumo de substancias nocivas para a saúde e atallar outras conductas adictivas como o uso inaxeitado das novas tecnoloxías ou o xogo online. A iniciativa desenvolverase nas dezaoito comarcas da Coruña e dirixirase fundamentalmente a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos. 

A deputada de Benestar Social, Educación e Igualdade, Ánxela Franco, sinalou que o programa ten por obxecto actuar “na prevención das adiccións entre a poboación máis nova”, intervindo simultaneamente “nos eidos social, familiar e educativo”, e sempre “por medio da sensibilización e da educación”. 

Ánxela Franco lamentou que tras consultar cos diferentes axentes sociais e analizar os datos achegados polas empresas do sector e os centros de estatística “obsérvase un importante repunte no número de conductas adictivas na sociedade, e máis especificamente no ámbito da drogadicción”. Unha situación, engadiu, “que de seguro terá consecuencias negativas no futuro”. Porén, a deputada incidiu en que o programa #Zeroadiccións “é un investimento no capital máis importante que temos as administracións, o capital humano, pois só así podemos garantir un mellor futuro para a nosa sociedade”. 

A inciativa da institución provincial nace co obxectivo de previr ás persoas máis novas sobre os problemas que derivan do tabaquismo, as drogas ou as apostas online, ademais doutro tipo de conductas negativas, como poden ser o uso inaxeitado e abusivo da novas tecnoloxías. 

Dotado cun orzamento de 50.000 euros o programa de prevención de adiccións da Deputación da Coruña será desenvolvido pola empresa Agalure, quen estruturou o seu plan de acción arredor de tres eixos principais, como son os ámbitos familar, social e educativo. 

A técnica da área de Acción Social da Deputación da Coruña, Paula Filgueiras, anunciou que durante os vindeiros meses “os 18 concellos cabeceira de provincia acollerán un conxunto de actividades formativas e informativas”, que se ben están deseñadas dun xeito especifico para as mozas e mozas que se atopan nos tramos de idade onde prevalecen os inicios ás adiccións ,entre os 12 e os 18 anos, tamén ten como obxectivo apoiar ás unidaes familiares e máis a comunidade educativa, coa dotación das ferramentas precisas para atallar as conductas adictivas. 

Pola súa parte, a coordinadora do programa #Zeroadiccións, Ana Seco, explicou que dende a mesma xornada de hoxe comezarase a establecer contacto cos diferentes concellos da provincia para fixar as datas de celebración dos obradoiros, charlas, xornadas e outras accións de reforzo social que terán como finalidade “identificar conductas de risco e posibles adiccións entre os rapaces e rapazas, fomentar o bo uso da novas tecnoloxías e as Redes Sociais e promover hábitos saúdables entre os máis novos”. 

Así mesmo, destacou que coa pretensión de que o programa “impacte na mocidade”, ademais de realizar actividades de sensibilización e concienciación co profesorado e coas familias, artellarán diferentes puntos de información e mesmo se desplazarán ata as zonas de ocio das persoas adolescentes para poder interactuar coas mozas e mozos. 

Por último, apuntou que no ámbito da comunicación o programa terá presenza nas Redes Sociais por medio do hashtag #Zeroadicción e que en colaboración coas diferntes radios municipais dos concellos da Coruña, levaránse a cabo diferentes sesión informativas para sensibilizar á socidade. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias