El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Deportes

A Xunta publica a lista dos galardoados cos premios deporte galego 2017

18-04-2018 15:04:39

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que se entregarán o vindeiro día 14 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2017, e distinguen este ano 17 categorías.


Lista de premiados

.- Mellor deportista feminina: María Pérez Araújo (baloncesto)

.- Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)

.- Mellor deportista masculino: Lucas Vázquez Iglesias (fútbol)

.- Mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez (taekwondo)

.- Mellor equipo feminino: Mecalia Atlético Guardés (balonmán)

.- Mellor equipo masculino: Real Club Celta de Vigo (fútbol)

.- Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)

.- Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Voleibol Emevé (voleibol)

.- Mellor adestrador ou adestradora: Carlos David Prieto López (tríatlon)

.- Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Carlos Cortés Rey (baloncesto)

.- Mellor labor informativo: DXT Campeón

.- Mellor evento deportivo: Trial das Nacións

.- Campionato do Mundo de Trial (motocilismo)

.- Mellor patrocinio deportivo: Leite Río

.- Mellor deportista revelación: Paula Ginzo (baloncesto)

.- Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Cangas

.- Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CAPSA - Larsa

.- Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba (A Coruña)





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias