El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación e a Confederación de Empresarios impulsan un programa de cursos de formación

19-04-2018 20:34:52

A Coruña.- A Deputación da Coruña e a Confederación de Empresarios da Coruña levarán a cabo un programa de formación do que se beneficiarán preto de 150 persoas na provincia da Coruña e que suporá un investimento de 30.600 €, dos que o 80% (24.480€) serán achegados pola institución provincial. 

O programa, articulado a través dun convenio que vén de ser aprobado na comisión de Promoción Económica e Emprego e que se someterá á ratificación do pleno do vindeiro 27 de abril, inclúe a realización de 8 cursos que se realizarán nas sedes das delegacións coruñesa e compostelana da CEC e en diversos concellos da provincia, que se determinarán en función das solicitudes persoas interesadas en participar neste programa. 

Os cursos, destinados tanto a desempregados como a persoal en activo da provincia da Coruña, desenvolveranse ata o mes de outubro de 2018, inclúen un total de 215 horas de formación en cuestións como ferramentas de comunicación (40 horas), habilidades para a xestión e resolución de problemas (50 horas), introdución á contabilidade (15 horas), Web 2.0 e redes sociais no entorno de traballo (20 horas), Excel avanzado (15 horas), novo regulamento de protección de datos (5 horas), técnicas de venda (35 horas) e habilidades para o traballo en equipo (35 horas). 

Segundo explicou o deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luís García, a iniciativa pretende fomentar a formación continua dos traballadores en activo e, ao mesmo tempo, favorecer a inserción laboral dos desempregados, mellorando a súa cualificación profesional. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias