El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

GP DE ESPAÑA DE ENDURO

Santiago de Compostela convértese na capital do Enduro

20-04-2018 19:49:00
Presentado o GP de España de Enduro.

A Coruña.- O GP de España de Enduro presentouse hoxe na sede da Deputación da Coruña en presenza do deputado de Deporte e Mocidade, José García Liñares, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda e o presidente do Motoclub Móvete na Moto, Ángel Arca. A proba, que se celebrará os días 27-28 e 29 de abril en Santiago de Compostela, será a segunda dun renovado Mundial que arrincou o pasado mes en Finlandia. 

A carreira española contará cun escenario de luxo. Está previsto que a saída se produza na Praza do Obradoiro, aos pés da catedral, onde o venres 27 levarase a cabo a presentación oficial dos pilotos e onde quedará instalado ademais o parque cerrado correspondente a dita xornada.

Neste sentido, García Liñares destacou: “Poucas veces unha proba terá un escenario tan bonito e emblemático como é a Praza do Obradoiro. Non se puido escoller un sitio mellor para a promoción deste deporte e da Cidade de Santiago. A celebración desta proba é unha oportunidade para lograr unha gran repercusión a nivel internacional e para a Deputación é un orgullo colaborar con este tipo de eventos. O mundo do deporte ten os mesmos valores que ten a vida: esforzo, dedicación... Hai que inculcarlle todos estes valores á xuventude. Porque investir en deporte e investir en saúde e nos temos a ilusión de manter unha provincia moi saudable”.

Despois da inauguración na Praza do Obradoiro, as probas trasladaranse as  inmediacións do Estadio de San Lázaro e do Polígono Industrial da Sionlla., onde estarán situados o paddock, a área de entrenamento, o supertest do venres e a extrema, así como a saída, meta, parque cerrado, e podio os días 28 y 29. O paddock o integrarán un sector principal, de 12.000 metros cadrados habilitado con tomas de corrente, auga, wifi, servizos e duchas, e un secundario, que engadirá outros 3.000 metros cadrados dispoñibles.


15 anos sen vir a Galicia

A Federación Galega e o Motoclub Movete Na moto traballan incesantemente para que todo esté preparado na capital galega. Nesta liña, José Canda e Ángel Arca destacaron: “Esta é unha proba que leva 15 anos sen vir a Galicia. No 1998 estivo en Vigo e no 2001 en Ourense e despois de todos estes anos, a Federación Galega traballamos arreo xunto co Moto Club Móvete na Moto para conseguir que volvera. Falar desta proba e falar de cravar cerca de 7.000 estacas e montar 32 quilómetros de especiais en distintas zonas, polo tanto, é falar dun esforzo impresionante. A día de hoxe, están inscritos 82 participantes, 7 dos cales son españois. Agradecemos á Deputación da Coruña o esforzo que fixo para que esta proba se celebre en Santiago e tamén ao resto de institucións que colaboraron connosco”.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, destacou a importancia de traer un evento destas características a Santiago de Compostela: “Que se celebre en Galicia o campionato do Mundo é un enorme mérito da Federación Galega e do motoclub Móvete na Moto pola súa determinación e polo seu traballo tan duro. Teñen experiencia demostrada noutros eventos similares e nótase que se deixan a alma en cada detalle. A celebración deste evento situará Santiago en todo o mundo como o centro do deporte do máis alto nivel e como un lugar onde se realiza un traballo de calidade cunha excelente organización”, afirmou. 

No referente á proba, os participantes darán tres voltas a un recorrido de 70 quilómetros no que se intercalarán dous controis, un tramo -7 km.-, unha crono -5 km.-, e a extrema -2 km.-, permitindo ao público ter un cómodo acceso a unha sección trialera que atoparase a escasa distancia do paddock. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias